NOTA DE PRENSA:
Os populares de Burela: “Blanco non aclarou nada. Veu a Burela facerse a foto co alcalde”.
González Barcia pediulle personalmente ó ministro a non paralización do corredor Barreiros-San Cibrao.
O portavoz popular dubida da construcción do novo edificio de Capitanía.
O PP de Burela manifestou hoxe a súa máis absoluta desconfianza e decepción ante o manifestado polo ministro de Fomento, José Blanco, na súa visita a Burela, no que atinxe á construcción do novo edifício de Capitanía Marítima e o corredor Barreiros-San Cibrao, ámbalas duas obras fundamentais para Burela pero tamén para a comarca no seu conxunto.
Durante a visita de Blanco, o voceiro dos populares, José María González Barcia, solicitoulle personalmente a Blanco que non se paralice nin tampouco se ralentice a construcción do corredor Barreiros-San Cibrao, e que Fomento teña en conta as alegacións presentadas por Burela. Barcia non pode ocultar a súa decepción: “nin se comprometeu a cumplir os prazos que están fixados para esta obra, que remantan em 2014, e mesmo deu a impresión de descoñecer que Burela tivese presentadas alegacións sobre o trazado, elaboradas por todos os grupos políticos e algúns colectivos sociais; limitouse a decir que Fomento sería sensible coas alegacións, pero tampouco dixo cando se resolverían, nin cando se encargará o proxecto constructivo. E xa levamos un ano desde que foron presentadas as alegacións. Esto, asegurou Barcia, pinta mal”.
No que respecta ó novo edifício de Capitanía, xestionado durante o mandato popular no concello de Burela, Barcia tamén lle pediu a Blanco que se cumplan os prazos marcados para a súa construcción. Pero o popular mostrouse escéptico: “A obra nin tan siquera está adxudicada, e a licitación xa leva un retraso de dous anos, co que pode entrar facilmente nos recortes de Fomento. Haberá que agardar a que se oficialicen os recortes do Ministerio, pero neste asunto tampouco podemos ser optimistas, porque o ministro só fixo recordar as condicións da licitación de obra, pero non dixo nada máis”.
Para Barcia, a visita de José Blanco a Burela non serviu para comprometer nada. Porque, por non comprometer, tampouco falou do reinicio das obras en algún tramo da A-8. Limitouse a darlle a oportunidade ó alcalde de sacarse unha foto con Blanco e a que este usara a comparecencia cos medios para atizarlle ó PP, esquecendo que os culpables dos recortes dos soldos dos funcionarios e das pensións están no goberno socialista de Zapatero, do que Blanco forma parte. De eso tampouco deu ningunha explicación.
Finalmente, González Barcia indicou que “o alcalde de Burela está totalmente fóra de servicio; está tan noqueado coma o goberno Zapatero, porque a estas alturas xa deberíamos ter coñecemento de se as alegacións presentadas por Burela acerca do corredor Barreiros-San Cibrao van ser aceptadas ou non, e en que condicións. Tén que lembrar que as alegacións fixéronse entre grupos políticos e colectivos, e aquí ninguén sabe nada, e desde hoxe ainda hai máis confusión. O alcalde limitouse a saludar a Blanco, levalo ó despacho, e nada máis”.



















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.



