Lugo, 18 de febreiro de 2021. O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro por videconferencia con representantes do tecido empresarial da provincia para explicarlles os detalles do segundo Plan de rescate que hoxe pon en marcha a Xunta de Galicia para paliar as consecuencias económicas da crise da covid-19.
Na xuntanza participaron representantes da Confederación de Empresarios de Lugo, a Federación Galega de Comercio, a Asociación Provincial de Empresarios da Construción, Asociación Provincial de Empresarios da Hostalería de Lugo, Asociación de Xóvenes Empresarios, Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, e os Colexios Profesionais de Economistas e de Xestores Administrativos.
Arias explicou que este segundo Plan de rescate está dotado con 75 millóns de euros e bota a andar coa convocatoria no DOG dos programas de axudas para traballadores autónomos e microempresas. O prazo de presentación de solicitudes abrirase mañá e será dun mes.
O plan completarase o luns coa publicación no DOG da outra liña específica para os sectores que viron interrompida a súa actividade pola pandemia.
O delegado sinalou que as liñas de axuda manteñen a estrutura do primeiro Plan de rescate, coa novidade de que o programa dirixido aos sectores máis afectados, aqueles que tiveron que pechar os seus negocios, suma á hostalería outros como os ximnasios, centros de ocio infantil ou as feiras. Outra das novidades a destacar é que excepcionalmente poderá eximirse aos interesados do requisito de estar ao corrente das obrigas tributarias no momento de formalizar a solicitude.
Datos primeira edición
Javier Arias trasladou que nese primeiro Plan de rescate concedéronse 3.811 axudas na provincia de Lugo por un importe total de 8.238.150 euros, distribuídos entre os tres programas -compatibles entre si, ao igual que na presente edición-. As dúas primeiras liñas, para traballadores autónomos e para microempresas en xeral, acumularon o 89% do orzamento e máis do 82% das solicitudes.
En concreto, o Goberno galego concedeu 1.938 axudas a autónomos lucenses por unha contía global de 2.426.400 euros, e 1.212 axudas a microempresas da provincia, que suman achegas por importe de 4.909.000 euros.
Nova convocatoria
Os programas que hoxe se convocan contemplan apoios de distinta intensidade en función dos descensos experimentados no volume de facturación. No que respecta aos autónomos, con caídas de entre o 45% e o 60% recibirán unha contía de 1.200 euros; con máis do 60%, elevarase a 2.000 euros, e se alcanza ou excede o 70%, chegará ata os 3.000 euros.
As microempresas recibirán axudas de 4.000, 5.000 ou 6.000 euros segundo o tramo que lles corresponda en canto ás perdas por facturación, pero ademais sumarán 1.000 euros se teñen entre catro e nove traballadores; 2.000 se hai entre 10 e 20, e 3.000 se son entre 21 e 25 traballadores.
O obxectivo, apuntou o delegado territorial, “é contribuír ao sostemento da actividade económica, especialmente dos sectores que máis están a sufrir as consecuencias da emerxencia sanitaria; a resistencia do tecido empresarial resultará fundamental para o mantemento do emprego e facilitará a recuperación tras a pandemia”.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



