A decisión empresarial do peche dunha oficina bancaria como a de Abanca de Celeiro sabemos que non entra dentro do ámbito competencial dun concello e polo tanto é difícil esperar que a perda deste servizo bancario poda resolverse desde a administración local. Mais sen embargo, este peche sí é o resultado dunha decisión política tomada polos gobernos da Xunta e do estado español, os cales tiñan e teñen nome propio. Unha decisión que supuxo a destrución do sistema financeiro galego e á que o BNG se opuxo desde o primeiro momento. A presión veciñal de Celeiro logrou que a alcaldía de Viveiro levase a pleno unha moción que todos os grupos políticos apoiamos por unanimidade a pesares de que para o BNG esta proposta do goberno local quedou nun mero acordo testemuñal sen ningún recorrido institucional, posto que non demanda a implicación doutras administracións de maior ámbito competencial.
No BNG temos claro que a permanencia das oficinas bancarias nos nosos concellos son vitais tanto desde o punto de vista de atención á veciñanza como do emprego, polo que non podemos asumir este peche como un mero asunto interno dunha entidade privada. Temos que ser quen de seguir presionando para revertir esta política de recentralización bancaria na Galiza e desde o BNG ímos seguir dando a batalla, xa sexa no Parlamento Galego ou no español, como vimos facendo ao longo de todos estes anos apostando por un sistema financeiro propio para defender os aforros e investimentos das familias. No BNG sabemos o que foi dar a batalla na defensa da permanencia de Nova Galiza Banco como entidade financeira galega e independente para transformala nunha Banca pública galega. Defensa que por suposto non apoiou nin o PP, que foi parte activa da bancarización e da venda a prezo de saldo das nosas caixas de aforros, nin apoiou o PSOE, que aceptou ante a patronal bancaria liquidar as caixas galegas.
Ante esta clara política de recentralización bancaria dos Escotet e cía, co consecuente peche de milleiros de oficinas bancarias coma a de Celeiro por toda Galiza, un 40% menos das que había hai unha década e uns 41 concellos que quedaron sen ningunha, que fixo até o de agora o goberno de Feijóo? Exixirlle a banca privada a permanencia dunha rede bancaria mínima para prestar un servizo básico á poboación? Non, todo o contrario! Unha vez máis posicionouse do lado dos intereses da banca privada sacando un concurso público, financiado cos nosos impostos, para que as entidades financeiras instalen caixeiros naqueles concellos que as mesmas deixaron sen ningunha oficina bancaria, é ou non é unha auténtica aberración que unha administración pública pague con cartos de todas nós os servizos que se nega a ofrecer a banca porque non lles son suficientemente rendibles?
Por todos estes precedentes é polo que desde o BNG non nos sorprendeu nada que, tanto o PSOE coma o PP de Viveiro, adoptasen unha actitude servil ante a patronal da banca que deixa na rúa a traballadorxs e recurta servizos básicos á nosa veciñanza, no canto de poñerse a traballar na búsqueda de solucións permanentes con quen ten as ferramentas e os instrumentos legais para facelo como son os seus homólogos dos gobernos da Xunta e do Estado.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



