Lugo, 12 de marzo de 2021. O grupo provincial do PP de Lugo ve confirmadas as sospeitas que expuxo no pasado mes de decembro en relación coa contratación da socialista Sonia Verdes como funcionaria interina (veterinaria). O portavoz popular, Javier Castiñeira, constata que “a ex deputada socialista e compañeira no seu día de José Tomé no Parlamento galego xa é funcionaria interina na Deputación de Lugo; revisando decretos da presidencia do organismo provincial vemos confirmadas as sospeitas que o Partido Popular avanzou no mes de decembro sobre a bolsa de veterinarios vinculada a cargos socialistas”.
Castiñeira explica: “Naquel momento denunciabamos como moi sospeitoso, e sobre todo de mal gusto, que os dous primeiros da lista foran os ex cargos socialistas Sonia Verdes e José Daniel Piñeiro, unha ex compañeira de Tomé no Parlamento galego e o outro ex concelleiro de Medio Ambiente de Lugo. Mediante decreto do 8 de xaneiro, o presidente nomea a Sonia Verdes como persoal funcionaria interina por acumulación de tarefas, o que entende o PP que é o inicio dun proceso de acumulación de contratos”.
Para os populares, “coa bolsa de veterinarios que sacou o goberno provincial, en plena pandemia e na que estivo no tribunal un cargo socialista, vai permitir moi probablemente que estes dous membros do PSOE inicien a súa vida laboral como traballadores da Deputación”. Castiñeira engade: “Entendemos que este nomeamento é un absoluto insulto á decencia da institución e á intelixencia dos lucenses, máis aínda despois de ver as denuncias do sindicatos policiais de posible fraude no proceso selectivo de Monforte, para prazas de Policía Local, que tamén salpica ao sr Tomé”.
No PP consideran que “as sospeitas de prácticas caciquís de Tomé á hora de contratar amigos nas institucións que goberna din moi pouco do seu pasado sindical, cando daquela velaba polos procesos selectivos transparentes e abertos, nada parecido ao que estamos a ver estes días”.
Castiñeira declara: “Lamentamos a actitude dos socialistas e máis concretamente do señor Tomé que na súa condición de xefe de persoal parece primar máis os intereses políticos fronte aos propios méritos de traballadores e aspirantes”.
Castiñeira pregúntase “canto tardará o señor Piñeiro, en recibir o premio do PSOE, a modo de posto interino na Deputación, por retirarse da vida política despois do escándalo da fábrica da luz?”. Cre que “esa pregunta só a pode responder o señor Tomé, presidente socialista da Deputación de Lugo”.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



