Ribadeo, 31 de marzo de 2021. O concelleiro de Medio Rural, Marcos Villamil, e o alcalde, Fernando Suárez, supervisaron as obras de mellora en varias pistas en Remourelle. O investimento roldará os 40.000 euros. O novo edil do goberno municipal dixo que asume o seu cargo con ilusión.
Villamil dixo: “collo o meu cargo con toda a ilusión do mundo, como principiante, pero con todo o apoio dos meus compañeiros do goberno municipal, que xa levan tempo loitando polos intereses dos veciños e das veciñas de Ribadeo”.
O concelleiro de Medio Rural subliñou que “eu tentarei traballar polo medio rural, polas parroquias deste concello, tanto do interior como da costa. Sei que as circunstancias económicas xerais non son boas e estou seguro de que hai moitas máis necesidades que recursos. Pero desde esta área que vou levar tentarémolo facer o mellor posible”.
Marcos Villamil explicou que “hoxe concretamente estou en Remourelle supervisando unhas importantes e demandadas obras de mellora do afirmado de varias pistas desta localidade. A situación destes camiños era realmente lamentable, case non pasaban os vehículos agrícolas; e agora, a través do Plan Único do Concello de Ribadeo xunto coa Deputación de Lugo, imos actuar nos próximos días”.
O edil ribadense engadiu que “a obra foi adxudicada a Construcións Saa, de Foz, e o importante orzamento é de practicamente 40.000 euros. Os traballos que se farán son os seguintes: saneamento das zonas deterioradas, nivelación e rasanteo da plataforma actual, afirmado cunha capa de zahorra artificial, limpeza de gabias, obras de fábrica e limpeza dos canos existentes”.
























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


