Foz, 5 de abril de 2021. A Secretaria Provincial do PSdeG e Deputada Autonómica, Patricia Otero, acompañada do Alcalde de Foz, Francisco Cajoto, avanzaron dende o Porto Chico de Foz, que o Grupo Parlamentario Socialista defenderá este martes (dia 6, a partir das 16:00 horas) unha iniciativa na Comisión 8ª do Parlamento Autonómico para reclamar ao Goberno de Feijóo, “que execute neste ano a reestruturación do porto deportivo de Tupide en Foz, coa modificación da súa bocana, dragaxe así como a ampliación de servizos”.
“A dragaxe do porto de Tupide de Foz reflicte o completo abandono do Goberno de Feijóo para mellorar as dotacións da nosa vila. Estamos diante dun proxecto impulsado no ano 2013, e a dia de hoxe, 8 anos despois só podemos falar de abandono e esquecemento”, espetou o rexedor Francisco Cajoto.
O alcalde de Foz aludiu ao “obscurantismo e a falla de compromiso da Xunta con este e outros proxectos de Foz. Ademais da promesa da Xunta “manifestada tamén á Asociación A Ribeira, para executar durante o ano 2020 un proxecto técnico de reforma e dragaxe do Porto Chico en Foz, xa que todos sabemos que son obras da máxima urxencia para o Concello”.
Cajoto tamen se referiu ás imaxes das zodiacs de salvamento marítimo varadas no peirao durante a marea baixa, “cun pantalán inutilizado en gran parte pola acumulación da area. Por iso esperamos tamén o traballo do Partido Popular de Foz para esixir a un goberno da súa mesma cor política cumprir coa palabra dada, polo tanto, esperamos feitos e non ditos. E demandamos inversións reais e financiamento encima da mesa xa”, dixo.
Patricia Otero lembra na proposición rexistrada que “a necesidade da dragaxe do porto deportivo de Foz, Porto Chico, é un tema que se leva denunciando dende hai moitos anos. Colectivos como os pescadores deportivos de forma individual, asociacións, clubs, socorristas así como o Grupo Socialista, levan anos denunciando a falla de calado que sofre este porto deportivo, no que atracan moitas embarcacións. E onde ademais hai varias zodiacs de salvamento, entre elas a que emprega Protección Civil de Foz e os socorristas de Barreiros”.
“A Agrupación Socialista de Foz xa reiterou publicamente o seu apoio ás iniciativas coas que se instaban a Portos de Galicia a acometer de xeito urxente a dragaxe do Porto Chico de Foz. Nesa liña compre lembrar que no ano 2013 aprobouse por unanimidade no Pleno do Concello de Foz unha moción do Grupo Socialista focense na que se lle instaba á Xunta de Galicia a que acometese esta dragaxe”, remarcou a Deputada.
Tamén dende o Parlamento de Galicia se aprobaron propostas neste sentido, concretamente “na Comisión 8ª celebrada o 11 de maio de 2018 aprobouse por unanimidade unha Proposición non de lei na que se instaba a Xunta de Galicia a que realizase esta dragaxe de xeito urxente. E no 2019, o 12 de setembro, aprobouse por unanimidade outra iniciativa parlamentaria, para acometer unha mellora integral do Porto Chico de Foz”, insistiu.
Pregunta á Presidenta de Portos
A Deputada Autonómica tamén interpelou á Presidenta de Portos, en sede parlamentaria o pasado 20 de decembro de 2019, sobre si existían nos orzamentos da Xunta do 2020, unha partida que contemplase a contratación da asistencia técnica para preparar a documentación e iniciar os estudios correspondentes para poder facer a dragaxe deste porto, así como a cantidade destinada a tal fin. “A súa resposta foi que a obra de dragaxe se acometería, pero que non estaba prevista executala no ano 2020, e que se atopaba en fase de redacción dos pregos para contratar a asistencia técnica dos estudos de impacto ambiental de diversas dragaxes en Galicia”, relatou Otero.
Cuarta vez no Parlamento
Así as cousas, dende o Grupo Socialista, por cuarta vez, instamos ao Goberno de Feijóo a que emende a súa xestión neste asunto. “Queda completamente constatado, que a pesar dos acordos parlamentarios e dos anuncios da Xunta e do Goberno de Feijóo, a día de hoxe a falla de calado e as malas condicións de abrigo das instalacións do Porto Chico de Foz seguen a empeorar, sen que a Xunta de Galicia aporte ningunha solución”, advertiu. Ademais sinalou que esta falla de calado “implica que as embarcacións teñen problemas para entrar e saír do porto, coa conseguinte falla de seguridade que isto implica. O problema dáse coa marea baixa, xa que deixa inutilizadas parte das embarcacións”.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



