Santiago de Compostela, 5 de Abril 2021. A portavoz nacional, Ana Pontón, pide a comparecencia en Pleno do presidente da Xunta para que explique o proceso de vacinación, toda vez que, cos últimos datos oficiais publicados, en Galiza aínda están ser recibir a primeira dose o 31% das persoas maiores de 80 anos, en cifras absolutas arredor de 74.000 persoas.
“O Goberno que presumía de poder administrar 100.000 vacinas diarias aínda non foi capaz de completar a vacinación do 100% dos maiores de 80 anos, un colectivo de 235.000 persoas”, indicou a líder nacionalista, quen é consciente de que houbo problemas de subministro, “pero tamén é evidente que algo non se está facendo ben cando estamos á cola da vacinación das persoas octoxenarias segundo os últimos datos oficiais publicados”.
A portavoz do Bloque tamén considera urxente que o xefe do Executivo explique en sede parlamentaria toda unha serie de interrogantes arredor do proceso de vacinación, porque a práctica da Xunta é anunciar propagandisticamente a inoculación do antídoto a unha sucesión de colectivos sen despois concretar datos dos resulstados.
Entre as cuestións que debe responder, Pontón fixo fincapé na situación das persoas maiores de 80 anos con algún tipo de discapacidade que lle impide desprazarse ao centro de saúde para ser inmunizados. “Cantas persoas maiores están nesta situación e cal é o calendario e os efectivos dispostos para que sexan vacinados é un dos asuntos que Feijóo debe explicar no Parlamento”, alegou.
A falta de transparencia na vacinación tamén impide saber como está o proceso nos colectivos prioritarios como o persoal sanitario, o persoal docente ou o persoal das actividades esenciais, ao que se suman os anuncios por tramos de idade e a evolución da administración do antídoto por áreas sanitarias.
“En definitiva, hai moitas interrogantes porque non sabemos como se procede no caso das persoas octoxenarias con discapacidade, non hai datos claros sobre o proceso de vacinación por tramos de idade ou colectivos, hai desigualdades nos ritmos segundo a área sanitaria e a todas estas interrogantes debe responder o presidente da Xunta”, recalcou, para superar a “opacidade” dun plan de vacinación “que non está cumprindo os obxectivos marcados”.
Todo isto pese a que a vacinación masiva é imprescindible para derrotar ao virus, “tanto desde o punto de vista sanitario como económico”, e cando os datos publicados deixan en evidencia que “a propaganda vai por un lado e a realidade vai por outro”, xerando unha situación que provoca “desánimo entre a cidadanía e descrédito nos responsables públicos. Tras un ano de pandemia, alegou-, o mínimo que se merecen os galegas e galegos é un Goberno que cumpra, que non xogue á propaganda e a publicidade cun asunto tan serio”.
En definitiva, “un Goberno que diga a verdade, obxectivos cribles e datos reais”, insistiu, tras volver pedir un reforzo da sanidade pública, en particular na atención primaria e no servizo de rastrexo.




















O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



