A Fonsagrada, 7 de abril de 2021. O voceiro do PP da Fonsagrada, José Regueiro, considera que “as tres horas que se estenderon os traballos de excarcelación do condutor que quedou atrapado onte tras sufrir un accidente co seu camión na estrada LU-530 á altura do Padrón demostran a necesidade de contar cun Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES)”.
Regueiro quere trasladar o seu agradecemento ao persoal sanitario, aos veciños da zona, aos traballadores do Concello, aos bombeiros de Sarria e todos os que que colaboraron nas tarefas de liberación coa mellor vontade para axudar ao condutor. Con todo, o popular lamenta “as deficiencias do Concello á hora de atender as emerxencias no noso termo municipal”; xa que “o persoal municipal de emerxencias non conta co material nin cos EPIS axeitados para levar a cabo este tipo de traballos”.
O voceiro do PP local explica que “os Grupos de Emerxencia Supramunicipal están dotados de medios e contan coa formación oportuna para desenvolver con éxito e no menor tempo posible este tipo de labores”. De feito, evitarían ter que esperar a chegada, como pasou nesta ocasión, dos bombeiros de Sarria. O popular recorda que “foron os propios técnicos do GES da Fonsagrada os que levaran a cabo de forma correcta a extricación noutro accidente rexistrado fai anos no mesmo lugar”.
Regueiro explica que “o goberno local despediu ao persoal do GES asegurando que se faría cargo de atender as emerxencias, pero estamos vendo que non se está dando unha resposta adecuada. Non estamos tan ben atendidos como deberiamos”. É máis, Regueiro, pon como exemplo da falta dunha xestión adecuada en materia de emerxencias na Fonsagrada que “o material co que conta o Concello para a extricación non dispoñía de batería no momento no que era preciso o seu uso”.
Acordo plenario
O Grupo Municipal do PP da Fonsagrada reclamara unha vez máis ao goberno local solicitar formalmente un Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) o pasado mes de febreiro despois de que en setembro de 2019 se acordara no pleno a creación deste Grupo de Emerxencias.
Os populares defenden que o municipio volva a contar con este servizo do que foi privado “por unha decisión unilateral do anterior alcalde, e agora consentida polo actual, deixando desprotexidos aos veciños e veciñas deste concello”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



