Santiago, 15 de abril de 2021. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o PSdeG, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Goberno central que continúe coas melloras iniciadas no ferrocarril Ferrol-Xixón, contemplando actuacións nos seguintes ámbitos: limpeza, roza e mellora da liña; mantemento e mellora das estacións; estudio de posibles novas estacións e apeadoiros en función da demanda; mellora progresiva do material rodado; e revisión das frecuencias actuais conforme á recuperación da demanda. Así mesmo, demándase o establecemento de procedementos claros de actuación no caso de que se produza calquera tipo de incidencias nos que primen a calidade do servicio e o confort do usuarios.
O deputado popular José Manuel Balseiro lamentou que o acordo final non incorporara todas as demandas formuladas a través dunha emenda do Grupo Popular, “pois as peticións do PSOE eran moi pouco ambiciosas e minimalistas”. Con todo, “decidimos votar a favor, incorporando un punto da nosa emenda, para facer posible o acordo, na esperanza de que non quede en mera propaganda e o Goberno central teñan vontade real de mellorar os servizos”.
En concreto, os deputados do PSdeG non quixeron incorporar as peticións do PPdeG para incrementar o persoal, especialmente maquinistas; ou para a inmediata ampliación de horarios e frecuencias, empezando pola reposición dos servizos eliminados ao amparo da pandemia sanitaria, en aras de recuperar e incrementar a demanda dos usuarios.
RESPONSABLES DO DESMANTELAMENTO
José Manuel Balseiro criticou que “desde que goberna o PSOE en España o ferrocarril FEVE non incorporou ningunha mellora”. “Son responsables do desmantelamento da liña de vía estreita que une Oviedo con Ferrol, xa que eliminaron servizos, frecuencias, horarios e ata a venda presencial de billetes”, apuntou.
Deste xeito, Balseiro lamentou que “o que pretenden os socialistas galegos con esta iniciativa é gardarlle as costas ao Goberno de Pedro Sánchez ante o abandono amosado coa liña Ferrol-Xixón e con todo o ferrocarril galego”, polo que demandou que “o servizo sexa acorde ás necesidades reais dos usuarios e os trens que circulen por esta liña sexan dignos e acordes ao século XXI, e que non sexan obxecto de continuas avarías que obrigan a suspender o servizo”.
“Hai que ter moi presente que nestes momentos hai un único servizo de ida e volta, polo que esta mínima oferta dificulta e condiciona a mobilidade dos veciños e usuarios do tren das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña lucense”, concretou. Por este motivo, apuntou que “non nos cansaremos de trasladar ao Goberno central que mellorar a mobilidade ferroviaria en Galicia é unha prioridade”.
Fronte a esta situación do transporte ferroviario, José Manuel Balseiro destacou a actuación da Xunta, “que mellorou moito o transporte en autocar con máis frecuencias, bonificacións e incluso facendo descontos aos viaxeiros que fan transbordo procedentes do antigo FEVE”.


















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



