Guntín, 16 de abril de 2021. Os alcaldes dos Concellos de Guntín, Portomarín, Taboada, Chantada, Monterroso, Carballedo e Antas de Ulla, María José Gómez, Juan Serrano, Ramiro Moure, Manuel Varela, Rocío Seijas, Julio Yebra e Javier Varela, respectivamente; acompañados da presidenta provincial, Elena Candia; e do senadores por Lugo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e o propio rexedor chantadino, así como da deputada autonómica, Raquel Arias; trasladan o seu apoio “rotundo” ás demandas dos veciños respecto do estado no que se atopa a N-540, que comunica Lugo con Ourense, e que xa chegaron tamén ao Defensor do Pobo de España.
Os populares, tal e como anunciaron no treito que atravesa o núcleo urbano guntinense, plantexarán o seu arranxo inmediato na Cámara Alta e no Parlamento de Galicia, a través de varias iniciativas que xa rexistraron con este fin. José Manuel Barreiro indicaba a pé de rúa que “o ministerio de Transportes non pode permanecer alleo á odisea á que se enfronta os centos de usuarios que cada día empregan esta estrada, chegando incluso a poñer en risco a súa seguridade polo mal estado que presenta”.
Esta vía, de titularidade estatal, ten no seu trazado numerosas fochancas, liñas desdebuxadas e un firme practicamente intransitable. Os populares urxen así á súa mellora porque “é a única opción dispoñible para ir dende Lugo a Ourense, xa que non existe autovía que comunique estas dúas cidades”, lembrou o senador lucense.
1 accidente cada 3 días
O risco da Nacional é tal que, dende o ano 2018, vense rexistrando un accidente de tráfico cada tres días. En total, máis de 430 sinistros producidos, en gran parte, polo seu mal firme. É, por este motivo, polo que dende o PP fan esta reclamación.
“En ocasións teñen que realizar manobras perigosas para evitar pinchazos ou que un cristal do seu vehículo rompa a causa da grava solta, chegando incluso a invadir o carril contrario. As posibilidades de accidente son elevadísimas”, insistiu a alcaldesa de Guntín.
“O PSOE de Lugo só se dedica a protexer a Sánchez”
Elena Candia, como máxima dirixente dos populares na provincia e deputada na Cámara do Hórreo, agarda “unha resposta áxil do Goberno”, xa que, sinala, “todos lembramos como cando gobernaba o PP en Madrid varios socialistas se concentraron nesta estrada para esixir responsabilidades e, agora, unha vez que chegaron á Moncloa, desas demandas nada de nada. Só se dedican a protexer a Sánchez”, lamenta.
“O certo é, subraia, que foi o Partido Popular o que prevía o investimento de 20 millóns de euros para esta nacional que soporta moito tráfico debido tamén aos vehículos pesados de cooperativas tan importantes como Aira ou Coren ou de empresas como ViniGalicia que, por mor da súa produción, o tráfico de camións é constante e diario”.
20 millóns do PP, 0 do PSOE
Estes 20 millóns que prevía o Executivo do PP desglosábanse do seguinte xeito: 6,6 para mellorar tres treitos, 6 para a conservación, 2 para seguridade viaria, 1,5 para bacheo de emerxencia e 4 millóns dos orzamentos de 2018. Ademais, incluíanse 2,5 millóns para o intercambiador da A-54 con esta nacional, en Guntín, pero que o Goberno de Sánchez eliminou das contas estatais, tal e como xa denunciaron os populares en diversas ocasións. A última foi nas emendas aos Orzamentos de 2021. Os deputados e senadores do PP pedían que se respectase esta partida consignada por Mariano Rajoy, pero os socialistas e Podemos votaron en contra.






















As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



