O voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo e deputado autonómico, Daniel Vega, participou este mércores na visita ao CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo que fixo o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, para anunciar a licitación das obras de rehabilitación deste centro de ensino público. Vega destaca a implicación da Xunta para investir máis de un millón de euros na súa remodelación e fai fincapé no “traballo conxunto” coa comunidade educativa. De feito, ten palabras de agradecemento polo traballo realizado polos pais e nais da ANPA A Faxarda, a directiva do colexio e de todo o profesorado.
Vega agradece o investimento da Xunta de 1M€ na remodelación do CEIP Gregorio Sanz e o traballo da comunidade educativa
Vega agradece o investimento da Xunta de 1M€ na remodelación do CEIP Gregorio Sanz e o traballo da comunidade educativa
Relacionado
-
O pavillón municipal de Ribadeo acollerá este sábado o segundo Randori Judo Lugo que contará con 180 participantes
-
Valoración positiva en Ribadeo polas bandeiras azuis que veñen de conseguir as praias de As Catedrais e Os Castros-As Illas
-
Alumnado dos centros de ensino de Ribadeo degustou cócteles saudables sen alcohol elaborados polo ciclo de hostalería do IES de Foz