Viveiro, 27 de abril, 2021. O GALP A Mariña- Ortegal ven a poñer en marcha un programa de formación e asesoramento en dixitalización que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño, e que vai dirixido a restaurantes, peixaría e pequeno comercio do territorio.
Consciente dos cambios nos hábitos de compra e consumo acelerados nos últimos meses a causa da pandemia, o GALP A Mariña- Ortegal quere apoiar a través da formación e asesoramento en dixitalización a comercios, hostalería e peixarías, e deste xeito ofrecerlles solucións e ferramentas dixitais útiles para os seus negocios.
A través de formato online e en dúas xornadas formativas, informarase aos participantes das diferentes ferramentas dixitais que existen no mercado e que poden ser útiles na xestión do establecemento, e amosaranse exemplos de negocios que son boa práctica na implantación de solucións dixitais no seu modelo de negocio.
Haberá unha terceira xornada, tamén de forma online, dirixida a todos os participantes na que se ofrecerá información sobre cales son as liñas de subvención que existen actualmente para a implantación de ferramentas dixitais nos establecementos.
Para a formación en Ferramentas Dixitais e Exemplos de Boas Prácticas, haberá tres quendas, a de restaurantes que se celebrará o 10 de maio (9:00 a 11:00h) e 11 de maio (9:00 a 10:30h), peixarías o 18 de maio (16:00 a 18:00h) e 19 de maio (16:00 a 17:30h) e a de pequeno comercio o 24 de maio (20:00 a 22:00h) e 25 de maio (20:00 a 21:30h).
As xornadas formativas rematarán cunha única sesión sobre cales son as Liñas de axudas e subvencións para a Dixitalización, que se celebrará o 27 de maio de 20:00 a 22:00 h.
Este programa tamén contempla, unha vez rematada a formación e durante todo o mes de xuño, un asesoramento individualizado aos establecementos inscritos. Será un asesoramento en liña sobre calquera dúbida que xurda relacionada cos contidos da formación ou coas axudas/subvencións sobre as que se informou.
Para poder participar nestas xornada formativas e informativas que se desenvolverán de forma online, é necesario apuntarse a través de calquera destes medios, cuestionario online https://bit.ly/2QKz23o, chamando ao seguinte teléfono 621 251 490 ou no seguinte correo formaciondixitalizacion@gmail.com.
Esta iniciativa do GALP A Mariña- Ortegal ten como obxectivo axudar a modernizar os procesos de venda do pequeno comercio, as peixarías e restaurantes do territorio A Mariña- Ortegal, así como orientalos na búsqueda de axudas para poder implantar as ferramentas dixitais idóneas para o seu establecemento.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



