Lugo, 28 de abril de 2021. Hai solucións que acaban por converterse nun problema máis grave do que pretenden resolver. Iso é o que ocorrerá coa construción do espigón previsto no marco do proxecto de estabilización da praia de Altar (Barreiros), na ría de Foz. A oposición veciñal a esta iniciativa é moi clara para quen quere escoitar a opinión dos afectados, pero tamén é claro que unha obra como a prevista creará un serio problema medioambiental. O portavoz provincial do PP, Javier Castiñeira, e o deputado provincial José Manuel Gómez explican a iniciativa presentada na Deputación polos populares fronte a este proxecto.
O portavoz do grupo provincial do PP, Javier Castiñeira, lembra que esta semana os populares rexistraron varias rogos dirixidos ao goberno da Deputación. Castiñeira explica: “Un deles fai alusión ao espigón que o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico quere construír na praia do Altar, na ría de Foz, porque consideramos que ese espigón é moi agresivo e innecesario”.
Castiñeira di sobre o citado proxecto que “non o entende o PP, pero tampouco o entende a gran maioría da sociedade mariñán, especialmente os afectados a un lado e a outro da ría”. Está convencido de que “medioambientalmente sería un problema enorme; non está xustificado”. Engade: “É sabido que a día de hoxe esa praia ten máis area que cando se demandou no seu momento”.
Javier Castiñeira e José Manuel Gómez explican: “O que solicitamos é que a Deputación de Lugo preste axuda aos dous concellos que presentan alegacións ou, en todo caso, que presente unha alegación propia, que se sume ás dos concellos, e que demande publicamente do Goberno a retirada dese proxecto, porque non ten sentido e non está xustificado”.
Os populares están convencidos de que “a Deputación de Lugo no pode permanecer impasible, como fixo ata agora, fronte a un proxecto tan agresivo para o medio ambiente e para unha ría tan importante como é a de Foz, que une Foz e Barreiros; a día de hoxe non se precisa un espigón como o que propón o Goberno”.





















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



