Cervo, 1 de maio de 2021. O Concello de Cervo continúa a traballar ao carón das persoas apicultoras do municipio na loita contra a vespa velutina.
Así, o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, manterán un novo encontro o vindeiro luns, 3 de maio, no salón de plenos, coa veciñanza que posúe colmeas, a fin de avaliar a situación actual e a incidencia da velutina neste tempo; “sempre garantindo todas as medidas de prevención fronte ao COVID-19”.
Na xuntanza, Villares e Méndez, entregarán produto atraínte de balde para que elaboren as trampas para as raíñas, “xa que está comprobado que durante a primavera é o mellor momento para facelo”.
O alcalde e a edil recordan que o Concello de Cervo estivo sempre en todo momento ao carón dos apicultores co obxectivo de tentar frear a expansión da velutina “de feito desde o ano 2017 entregamos con carácter periódico este líquido para que eles mesmos confeccionen as súas trampas; xa que, tal e como confirmaron é o que lles resulta eficiente para ir capturando as raíñas” a fin de tentar reducir a formación de niños neste tempo.
De feito, a pesar do Estado de Alarma –precisan- “na pasada primavera non quixemos esquecernos tampouco dos apicultores e buscamos a fórmula para poder facerlles chegar o líquido aos seus fogares”, que lles entregamos a través da Policía Local.
Villares sinalou que a nosa intención é seguir “traballando coordinadamente con eles para afrontar esta problemática, tal e como vimos facendo desde que temos constancia da presenza da velutina no noso municipio tentando minimizar o impacto desta especie invasora para protexer, na medida das nosas posibilidades, o seu traballo e o das súas abellas”.





















A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



