Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021. A Xunta está a manter contactos co Instituto Social da Mariña (ISM) co obxectivo de intercambiar datos e organizar a loxística necesaria para iniciar o antes posible a vacinación contra a covid-19 das tripulacións da frota galega. As conversas entre a Consellería de Sanidade e o ente dependente do Ministerio de Seguridade Social, Inclusión e Migracións prodúcense despois de que o Ministerio de Sanidade autorizase o inicio do protocolo necesario para inmunizar aos profesionais do mar.
Galicia confía en que nos vindeiros días se poida deseñar o procedemento a seguir e que comece o antes posible a administración das doses. Trátase dun asunto no que o Executivo galego levaba solicitando desde febreiro que se actuase con celeridade e no que sempre actuou coa máxima lealdade institucional respectando os protocolos que se aprobaban nos Consellos Interterritoriais do Sistema Nacional de Saúde -nos que participan o Goberno central e as comunidades autónomas-.
A autorización do Ministerio de Sanidade supón o inicio do protocolo para optimizar a vacinación dos mariñeiros da frota galega, no que a Xunta precisa acceder aos datos dos que dispón o ISM, como o censo de todos os profesionais do mar, para que o proceso se realice do xeito máis áxil e eficiente posible.
O Executivo galego entende que o proceso de vacinación dos mariñeiros debe comezar polas frotas de altura e gran altura e continuar pola baixura tendo en conta as especiais características do sector. En moitos casos son barcos que realizan mareas de máis de 10 días e non contan coa posibilidade de atención sanitaria inmediata ao tempo que se enfrontan ás dificultades para manter as distancias de seguridade. Ademais, algunhas das súas campañas son estacionais polo que o posible confinamento das tripulacións pon en risco a rendibilidade das embarcacións.
Precisamente, as estancias longas en alta mar limitan tamén a dispoñibilidade dos mariñeiros para acudir á subministración da vacina, polo que Galicia defendeu desde o primeiro momento a posibilidade de destinar o soro dunha única dose a este colectivo, unha cuestión que se concretará finalmente durante o deseño da estratexia de vacinación do sector.
O Executivo galego lamenta que o Ministerio de Sanidade tardase en comprender as peculiaridades do traballo do mar e lembra que o sector foi declarado esencial durante a pandemia e, malia non ter máscaras de protección nin poder manter as distancias de seguridade a bordo, saíu todos os días a faenar para que non faltase alimento de calidade nos mercados.




















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



