Santiago de Compostela, 14 de maio, 2021. O deputado do BNG, Xosé Luís Rivas (mini) defendeu unha proposta para abrir unha nova “liña de axudas directas excepcionais” para o sector do vacún de carne na presente anualidade, dotada con recursos suficientes e sen excluír ás ganderías cun número inferior a 10 vacas reprodutoras.
O Partido popular rexeitou a iniciativa do BNG que incluía deseñar un plan estratéxico de acompañamento ás axudas para sobre o sector do vacún de carne no período de transición cara a recuperación da nova normalidade.
Ademais, Rivas defendeu un pago directo para aquelas explotacións con persoas agricultoras a título principal, para as cales “é o seu medio de vida fundamental”. Este pago, engadiu, sería “a maiores do que se asigna por vaca nutriz, e que non debería ser inferior en ningún caso aos 3.000 €/ UTA”.
Todos os puntos recollidos na proposta do BNG foron votados en contra polo grupo do Partido popular. Mini lamentou que, unha vez máis, o goberno galego non responda ás demandas dos sectores de comercialización de carne, curiosamente os diferenciados por un manexo extensivo do gando con criterios de benestar animal, tanto de vacún coma de ovino e cabrún que están a padecer os efectos desta pandemia.
Para o deputado, a “resposta lenta e pouco efectiva da Xunta de Galiza non chegou a tempo para axudar con efectividade ao sector” e deixou en mans da gran distribución o poder de negociación na fixación de prezos agrarios, conducindo aos pequenos produtores primarios a beneficios mínimos.
Neste sentido, lembrou que no caso do vacún de carne, dende o pasado mes de Abril do 2020, o prezo medio das liquidacións percibidas polos gandeiros/as reduciuse en 50 céntimos por Kg. de carne certificada baixo a IXP tenreira galega normal e tenreira suprema. Na súa opinión, “a depreciación tórnase brutal no caso da carne de desvelle que, nalgúns casos, veu encaixar caídas no prezo do 50%”.
O deputado insistiu na necesidade de activar axudas directas, urxentes e a curto prazo para garantir a continuidade das granxas, moitas delas, dixo, en zonas desfavorecidas e de alta montaña, que constitúen o único motor de desenvolvemento económico das comarcas.
Ante a inacción da Consellería de Medio Rural, varias asociacións agrarias denunciaron ante o Consello Agrario Galego a falta de medidas, demandas que que acompañaron con protestas diante da Consellería o día 25 de Setembro. Esta presión social provocou que Medio Rural convocara o día 20 de outubro o comité de seguimento do PDR para modificar a planificación orzamentaria a fin de redistribuír os fondos e crear axudas directas para paliar o impacto da Covid-19, nos sectores do vacún de carne e de flor e planta cortada. As axudas foron, afirmou Mini “insuficientes” e antagónicas ao discurso populista do goberno galego en defensa do modelo familiar, tan característico do sistema agrario galego.
De todos é coñecido que na maioría dos casos estas explotacións agropecuarias teñen un tamaño pequeno ou mediano e un carácter profesional, pero sempre eminentemente familiar e non entendemos como deixan fóra das axudas a 15.087 explotacións das 19.708 en activo. Resulta chamativo, remarcou o nacionalista, que sendo defensores da agricultura e gandería familiar, “exclúan ás granxas con menos de 10 vacas nutricesa cando son maioritarias en Galiza polo que preguntou se Medio Rural considera suficientes unhas axudas que só permiten compensar perdas a 4.621 produtores/as de gando vacún dun total de 19.708 e por que se destina “un exiguo orzamento de 9 millóns de euros de Fondos FEADER para cubrir, tanto as axudas de vacún de carne como as de flor cortada e planta ornamental, concluíu.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



