Abadín, 24 de maio, 2021. Como moitos saberán, as traballadoras das estancias de día, vivendas comunitarias, residencias de maiores e escolas para nenos/as “galiña azul” pertencentes ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, están en LOITA. O seu obxectivo non é outro que regularizar a situación de todas as traballadoras temporais en fraude de lei e abuso de temporalidade independentemente da forma de acceso ao seu posto (oposición, listas, subrogación…). Concretamente, cada 15 días realizan manifestacións de diferente índole para loitar pola súa causa co lema “as que estamos quedamos” ou “non ao ERE de mulleres”.
Este 25 de Maio, reuniránse para facelo en distintos puntos de Galicia. Cambia o lugar e tamén cambia a hora. Realizarase esta vez durante a tarde para intentar que as persoas convocadas como servizos mínimos podan acudir tras finalizar a súa xornada laboral.
A metade das traballadoras do Centro de Día de Abadín, apoiarán en Burela e a outra metade en Lugo.
Búscase tamén a compañía nas mobilizacións das familias usuarias dos servizos do Consorcio que sofren a ineptitude da Xunta para solucionar esta situación de conflito
A qué se deben estas protestas?
Só queremos visibilizar a nosa causa e reclamar os nosos dereitos como traballadoras en fraude de lei. Chegamos aos nosos postos tras pasar unha oposición ou un concurso de méritos. A administración tiña que regular os contratos nun prazo de 3 anos e pasaron 14. Desatendeu as súas obligacións coas 1200 traballadoras do consorcio e agora non quere nin escoitalas. As coidadoras das persoas máis vulnerables pensamos que “senón coidas, descoidas”. Sentímonos defraudas.
En qúe situación laboral estades e dende cando?
En Abadín, somos 8 persoas afectadas por este abuso. Levamos cubrindo vacantes en abuso de temporalidade máis de 5, 8, 10 e 12 anos. Entregamos os mellores anos da nosa vida a unha empresa que estaba no limbo, sin a equiparación salarial da Xunta de Galicia pero cos mesmos requirimentos. Estamos a falar de que todo este tempo estivemos a cobrar uns 3000 euros menos ao ano que outra persoa da nosa categoría na administración, sen complementos, trienios, etc.
Por este motivo, non pedimos que nos regalen nada máis que xustiza. Á empresa privada non se lle permite abusar dun contrato temporal pero sí á pública.
A nosa realidade é a seguinte: se unha traballadora interina vai a exame e non queda entre as 100 mellores notas, por exemplo, xa non se lle ten en conta o tempo traballado. Vaise para o paro cunha man diante e outra detrás, sen indemnización de ningún tipo.
Algúen vos informou do acordo ao que chagaron os sindicatos coa Xunta de Galicia?
Éramos conocedoras da entrada do Consorcio ao V convenio do persoal laboral da Xunta de Galicia, o cal nos beneficiaba xa que levábamos moitos anos só coa única referencia do estatuto básico, sen cobrar trienios nin complementos. Ademáis, sen ter a opción de consultar cál era a nosa posición nas listas de contratación xa que estas non eran públicas.
A nosa sorpresa é que agora, a Xunta negocia cos sindicatos unhas OPES de acceso libre. É dicir, as que estamos nos centros en plena pandemia competimos coas que están na academia. Non sirve só aprobar un exame oposición, senón que temos que ter as mellores notas para que nos teñan en conta o tempo traballado. Se o conseguimos e quedamos, probablamente sen opcións de permanecer no mesmo lugar. Poderíase dar o caso de que estas 8 traballadoras en Abadín queden dispersas por toda Galicia, o cal non só repercutiría nas familias das mesmas, senón tamén na que formamos coas persoas maiores neste pequeno pobo da chaira.
Porqué credes que sae a OPE xusto neste momento de pandemia?
Anunciárono como postos de reforzo de persoal, pero non é certo. No son prazas de nova creación. Levan ocupadas moito máis anos dos que deberían por lei e Europa está amenzando con sancionar ás administracións españolas que abusen da temporalidade. No caso de que apurasen esta sentenza, a sanción para o consorcio sería facer fixos ao 90% do persoal. Sabemos que esta situación se podería arranxar deixando os postos do consorcio a extinguir ata as xubilacións, que na maoría dos casos son poucos anos. Pero falta predisposición política. O único sindicato que nos apoia é a CNT que por non ter representación no comité de empresa non o reciben.
Pedistes apoio á comunidade?
Sí, convocamos folga diante do centro de día acudindo algúns veciños e familiares de usuarios que acuden ou acudiron a este servizo. Tamén están interpoñendo reclamacións ao Consorcio polas consecuencias da perda de servizo de transporte os días de folga e enviándonos mensaxes de ánimo ou participando na recollida de firmas.
Nós sentimos moito os danos colaterais pero pensamos que desestructurar un equipo de profesionais enteiro sería moito peor. Somos mulleres loitadoras que non pretendemos que se nos aplauda polo noso traballo pero que tampoco podemos dar a espalda para que nos den palmadiñas por detrás e asentir a todo.
Queremos aproveitar este espazo para agradecer a comprensión e o apoio a todos os que conocen este lugar. Hoxe ten cruces negras no xardín da súa entrada que a pesar de todo, fixemos con amor como o todo o que facemos a diario neste traballo.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



