O historiador R. Salgado Toimil, alá polos anos vinte do pasado século, referíase ás peregrinacións pola bisbarra e á importancia que nelas tivera San Martiño de Mondoñedo, do que di “no estuvo fuera de la órbita de las romerías jacobeas, ni sustraído a sus influencias”.Alude á hospedería ou hospital “en el que hacían mansión los que de luengas tierras a Galicia venían”.”Que no eran pocos los que por aquí pasaban se sabe al haber sorprendido la muerte a buen número de ellos en este hospital”. Alemáns, franceses, ingleses, italianos elexían a ruta norte astur-galaica, menos vulnerable ó estar mais a cuberto das correrías musulmanas, tan frecuentes nos séculos IX/XIII.¿Por onde de San Martiño, cara a Compostela, seguían os camiñantes? Toimil di que uns pola beiramar cruzando a ponte de ferro en Fazouro e seguir por Nois, Cervo, Viveiro-Landrove… e outros polos atallos de Oirán ou San Acisclo, Castro de Ouro, Adelán e Viloalle vir caer a Mondoñedo “desde donde por Lindín seguían a la catedral de Santa María de Lugo”, ou por Gontan e Vilalba “pues los caminos de Santiago se multiplicaban”. Estas rutas, de atallos e calzadas, preferianas á volta, como se desprende de vellas escrituras de San Martiño, que moitas refírense a peregrinos que tornaban de Compostela, ou porque ás veces quedaba o corazón prendido no camiño, según a canción do romeiro: “ Indo eu para Santiago / na ponte de Sigüeiro / chameille a un vello meu sogro / e saleume verdadeiro”. A importancia de San Martiño na historia das peregrinacións é indudable. Pero o lapsus cometido no trazado oficial do Camino Norte fixo que quedase esquecido. Dende hai catro anos a Asociación Abrindo Camiño ven traballando por recuperalo, engadindo a suxerencia de chegar a aquela basílica bordeando o mar dende Ribadeo. Co fin de potencialo, percorreo o itinerario de ida e volta de Oviedo a Santiago, en etapas, realizou señalizacións, levouno a foros relacionados co Camino Norte e o día 27 remata o periplo en Compostela a onde viaxarán preto de 200 persoas e, ante o Apóstolo, facer a invocación e presentar a ofrenda. Trátase de recuperar San Martiño, dotalo de albergue e oficializar a ruta marítima á súa basílica.
Suso Fernández



















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



