Ribadeo, a 17 de xuño de 2021. Deputados do Grupo Popular no Parlamento de Galicia esixen que “a nova Ley de Formación Profesional sexa consensuada e debatida e que non se faga de costas á comunidade educativa como se fixo coa LOMLOE”. Así o manifestaron en Ribadeo durante unha reunión na que escoitaron as inquietudes dos profesores de Formación Profesional do IES Porta da Auga. A esta reunión de traballo asistiron a deputada e presidenta do PP da provincia, Elena Candia; o deputado e voceiro do Grupo Municipal Popular, Daniel Vega; e o deputado e portavoz da Comisión de Educación no Parlamento de Galicia, Ovidio Rodeiro que sinalaron “o grave ataque que supón aos profesores de FP que a Ley de Educación aprobada polo Goberno Estado coñecida como Ley Celáa extinga as prazas para os docentes técnicos”.
Os populares sinalaron que “vimos de coñecer a proposta de Ley da Formación Profesional porque é necesaria outra lei para arranxar o que se desfixo coa LOMLOE. E aínda así esta nova lei segue a mesma tramitación que a LOMLOE, é dicir, de costas ao profesorado e á comunidade educativa. Ademais, non lles foi remitida ás comunidades autónomas ata despois da súa aprobación polo Consejo de Ministros malia que son as que xestionan esta competencia”.
Os populares explicaron que “a LOMLOE non integra directamente aos profesores que non son licenciados, así non poderán acceder profesores técnicos ao corpo de secundaria que conten con diplomaturas universitarias ou equivalentes e tampouco aqueles que non teñan un título de grao posterior ao 19 de xaneiro de 2021, data na que entrou en vigor a LOMLOE. Son situacións que preocupan e comprometen enormemente ao profesorado, que queda nunha situación de debilidade por parte da LOMLOE”.
Os populares puxeron en valor o traballo que desenvolven os centros de Formación Profesional como demostra o feito de que nos últimos anos se incrementou a súa matrícula e avanzaron que seguirán apostando por liderar a mellor formación posible para acceder a un posto de traballo e garantir un sistema educativo de calidade”.
Así mesmo, lembraron que en xaneiro defenderon no Parlamento galego que “todo o profesorado técnico de formación profesional se integre no corpo de profesores de ensino secundario”. Os populares demandaron ao Ministerio de Educación que “adopte as medidas oportunas que corrixan o erro cometido na LOMLOE, algo que a Consellería xa solicitou tamén ao Goberno central”.
Melloras educativas
Vega subliñou que “a lei se fai de costas aos interesados”, e defende “o traballo conxunto coa comunidade educativa”; así coma “a mellora da calidade do emprego, tal e como a garante a Formación Profesional”.
Nesa liña, asegura o popular que “o noso Grupo Municipal está en contacto co profesorado e o equipo directivo do centro” e avanza que “traballaremos reivindicando a súa mellora e o incremento das súas especialidades”. A este respecto, lembra que “xa se dotou ao Centro de Capacitación Agraria Pedro Murias dun novo ciclo do ámbito forestal”.























Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


