Ribadeo, 18 de xuño, 2021. Unha das iniciativas que deu comezo este curso no IES Ribadeo Dionisio Gamallo foi a creación dunha radio escolar, Radio IES Ribadeo. Para iso contamos coa axuda do profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Fernando Losada, gran coñecedor do tema por ter participado en proxectos semellantes noutros centros. Enmarcamos a actividade en Contratos Programa, dentro da liña Eduemociona, co obxectivo de favorecer estratexias que potencien a intelixencia emocional, a autoestima, a empatía e a superación. Habilitamos na web o espazo Radio IES Ribadeo e tivo moi boa acollida.
Para a inauguración, o alumnado de 1º bacharelato coa axuda de María Ron, profesora de música, entrevistou a Cris Andina aproveitando a súa visita ó centro para impartir a charla “Olladas de muller” en conmemoración do 8 de marzo.
Fernando Losada foi preparando os protocolos necesarios para a radio e montou co seu alumnado de Cultura Científica de 1º Bach, oito cuñas radiofónicas. Ademais, propúxolles escribir guións sobre os riscos do mal uso das redes sociais e despois fixeron a gravación e el mesmo editou con gran profesionalidade un bo número de radioficcións moi interesantes.
Pouco a pouco foron participando moitos grupos: 3º ESO coa profesora Laura Berciano preparou un podcast sobre Emilia Pardo Bazán e o alumnado de 1º ESO na materia “Igualdade de xénero” impartida por Teresa González Piñeiroa, entrevistou a un bo número de mulleres dentro do proxecto coeducativo “Os meus referentes”. Tamén quixo participar o alumnado de 2º ESO A, na materia de música, impartida por Manuel Lozano. Debían facer un traballo sobre música disco, salsa e bachata e entón imaxinaron estar nun programa de radio con artisitas como Bee Gees, Marc Anthony e Romeo Santos e ata se atreveron a interpretalos.
Finalmente, un dos últimos traballos foi o dos alumnos e alumnas de 4º ESO que con Susi Besteiro, profesora de Bioloxía e Xeoloxía aproveitaron o turno de preguntas ó remate da videoconferencia impartida por Sonia Villapol, para coñecer a opinión da neurocientífica sobre a mestura de vacinas, os efectos da covid-19 nas embarazadas e os futuros avances da neuroloxía e despois convertéronna nunha entrevista coa axuda de Fernando Losada.
Todos estes traballos e algún outro que están ultimando Manel Yáñez, profesor de Filosofía e Miriam Bouso, profesora de Xeografía e Historia, están dispoñibles na web do centro e almacenados na plataforma iVoox. Dende o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo esperamos que resulten de interese e que a melodía da nosa radio composta polo alumno Andrés Bermúdez logo se vaia facendo habitual na comarca.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



