Ribadeo, 28 de xullo de 2021. O Concello, na última xunta de goberno local, outorgou licenza de obra para a construción dun edificio de 39 vivendas e unha pensión no encontro das rúas da Lodeira e Irmáns Suárez Couto. Tamén foi concedida a autorización para a tenda de mobles JYSK, que está situada na Avenida Ría de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “é certo que estamos vivindo un rexurdir de iniciativas económicas e empresarias en Ribadeo e, todo isto, a pesar de que estamos no medio dunha pandemia que non demos superado pero que, se todo vai ben, en pouco tempo poderemos encarar o futuro con fortaleza e con decisión”.
O rexedor manifestou: “e quero poñer, a modo de exemplo, un pequeno resumo do acontecido na última xunta de goberno celebrada hai poucos días e onde demos as autorizacións pertinentes para varias actuacións urbanísticas e empresariais. Entre elas, demos autorización para esta nova marca JYSK, de mobiliario, para un espazo comercial de máis de 1.300 metros cadrados e que se instala ao pé do Hipermercado Eroski, na Avenida Ría de Ribadeo”.
Suárez Barcia engadiu que “tamén a xunta de goberno deu a licenza de obra para a construción dun edificio para 39 vivendas e unha pensión a construír no encontro das rúas da Lodeira e Irmáns Suárez Couto. Esta obra maior, podemos dicir que é a primeira grande despois da recesión económica da construción e tamén é a primeira que damos ao abeiro das modernas normas recollidas no actualizado Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ribadeo”.
O alcalde sinalou: “ogallá que estas iniciativas vaian chamando a outras porque estamos seguros e temos pistas solventes que nos levan a pensar que Ribadeo está na mente de moitas iniciativas económicas, para os próximos tempos, unha vez superemos esta maldita pandemia que tanto nos afoga”.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



