Burela, 21 de agosto de 2021. O grupo municipal do PP lamenta a evidente falta de proxecto para Burela do goberno presidido polo alcalde Alfredo Llano. Así o puxo unha vez máis de manifesto na sesión plenaria celebrada pola corporación municipal o pasado venres. No plan de obras aprobado neste pleno non hai ningún proxecto novo e ilusionante para Burela, segundo destaca o portavoz popular, Manuel Rouco.
Os populares cren que a máis recente sesión plenaria, extraordinaria, foi outra oportunidade perdida para o concello. Rouco sinala: “O gasto de 2,6 millóns do plan de obras que, supostamente, porá en funcionamento para o ano, non é máis que o recoñecemento da falta de traballo dos últimos seis anos. Chega despois de moito insistir por parte do Grupo Popular ao longo de todo este mandato, especialmente o ano pasado cando comerciantes, hostaleiros, autónomos e a veciñanza xeral de Burela, tiveron que facer fronte á dura pandemia. Por fin decidiu activar o remanente de tesourería, que lle permitía a excepción da norma en vigor para evitar o endebedamento excesivo das entidades locais”.
Rouco lembra “o endebedamento que, por desgracia, tivo que padecer a nosa vila no mandato do señor Llano, entre os anos 2007 e 2011; por aquel entón o equipo de goberno do señor Llano deixou nos caixóns do Concello case 1,3 millóns de euros de facturas impagadas, as que tivo que facer fronte o goberno entrante do PP, que debeu sanear as paupérrimas contas que nos deixaran o alcalde Llano e os seus socios do BNG”.
O portavoz popular declara: “Nesta ocasión, as obras que presenta son as actuacións concretas que a veciñanza e en particular o Grupo Popular demandamos ao longo dos últimos seis anos. Non hai ningún proxecto novo e ilusionante, de futuro para Burela. Trátase, basicamente, dos arranxos dos tanxibles xa existentes ou de futuribles que non levan a súa autoría intelectual, como é posible execución dunha residencia nas inmediacións dos institutos, un proxecto que procede do último mandato do PP e que non se puido executar porque había que pagar o que deixou a deber o señor Llano”.
Rouco sinala tamén: “A pesar de todo iso, dende o grupo Popular aledámonos de que por fin, e aínda que sexa a base de parches, se poña a traballar. O pistoletazo de saída á peculiar precampaña do alcalde Llano, con eses clásicos asfaltados masivos previos ás eleccións e outras obras de mantemento, poderá facer que na retina dos veciños de Burela quede unha imaxe máis benévola do desastre de xestión que foron os últimos anos do goberno do señor Llano.
Por outro lado, Llano recoñeceu neste pleno que, tal como temían no PP, “a remodelación da grada norte do campo de fútbol da Marosa, tantas veces vendida na prensa polo alcalde, non se vai levar finalmente a cabo”. Rouco explica: “A empresa concesionaria renunciou ao aval que depositara, debido a que o goberno municipal arrastrou tantos os pés á hora de tramitar a contratación da mesma, que a suba dos prezos nestes dos últimos meses fai inviable a execución da obra por parte de ningunha empresa nas condicións nas que a tiña proxectada o señor Llano”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



