Lugo, 30 de agosto de 2021. As carencias ferroviarias da provincia de Lugo son moitas, tanto en canto a infraestruturas como a servizos. O PP, desde todos os ámbitos institucionais, defende iniciativas para corrixir esa situación. Os senadores populares por Lugo, José Manuel Barreiro, Rosa Arza e Manuel Lorenzo Varela, piden agora explicacións ao Goberno presidido por Pedro Sánchez para coñecer se ten planes, e de telos cales son, para acabar coas carencias de comunicación ferroviaria que padece a provincia de Lugo. Lembran que aínda non foron repostos algúns dos servizos suprimidos por causa da pandemia o que pode provocar unha folga.
Os senadores populares por Lugo din que as decisións da operadora ferroviaria pública Renfe impiden prestar o servizo aos usuarios do tren con normalidade. Sinalan: “Esta afirmación, que desde o Partido Popular levamos meses repetindo, é agora compartida polo sindicato de maquinistas Semaf. De feito, os maquinistas de Renfe están no paso previo á folga, dado o caos no que se atopa a compañía, e un dos motivos é a non reposición dos trens suprimidos durante o confinamento, hai máis de 15 meses. A día de hoxe, en Galicia os trens de media distancia convencional continúan funcionando unicamente ao 65%, deixando sen conexións eficientes a capitais de provincia como a de Lugo”.
Barreiro, Arza e Varela lembran que, “no caso de Lugo, desmanteláronse os trens nocturnos con destino a Barcelona e a Madrid e o servizo diúrno ao País Vasco; igualmente, coa escusa da pandemia desapareceu a ligazón Lugo-A Coruña e A Coruña-Lugo co tren procedente de Madrid”.
Os mesmo senadores populares queren saber por que o Goberno central non restableceu as liñas ferroviarias canceladas durante o confinamento. Igualmente, interésanse por coñecer “como valora o Goberno central que o sindicato de maquinistas Semaf estea a un paso da folga”.
Os populares pregunta como xustifica o Goberno central a non reposición das liñas ferroviarias suprimidas, tendo en conta que a demanda é cada vez maior e os traballadores de Renfe denuncian aglomeracións nos trens que si se atopan operativos. En síntese, os senadores lucenses queren saber que ten pensado facer o Goberno central para liquidar as carencias nas comunicacións ferroviarias que afectan á provincia de Lugo.
Os senadores teñen presentada outra iniciativa sobre a recuperación dos trens de longa distancia que antes da pandemia comunicaban Galicia con Cataluña, País Vasco e Madrid. O establecemento de servizos suficientes e de calidade “é unha necesidade que non só viñemos reivindicando os veciños e o Partido Popular, senón que tamén o comité de empresa de Renfe en Lugo reclamou durante este mes de xullo a intensificación da conectividade con Madrid, ademais de recuperar os trens perdidos co País Vasco e Cataluña”



















Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



