Viveiro, 03 de setembro de 2021. A estas alturas, é innegable a capacidade do goberno local, sinaladamente da súa presidenta, María Loureiro (PSOE), para deixar perder oportunidades para Viveiro. O portavoz popular, Óscar Rodríguez, di que o seu grupo xa denunciou en varias ocasións que a falta de ganas de traballar e de visión de futuro leva a alcaldesa a renunciar a proxectos de gran interese para o municipio. Un deses casos é a perda da posibilidade de crear na cidade o centro dedicado ao empresario José Barro, que se asentará en Mondoñedo. Os populares presentarán un rogo na próxima sesión plenaria para que a presidenta da corporación municipal explique por que sendo Viveiro o municipio no que o emprendedor desenvolveu a parte máis importante da súa tarefa, o centro que o recordará acaba en Mondoñedo, a súa cidade natal.
Óscar Rodríguez está convencido de que a alcaldesa, cando a Asociación de Profesores de Automoción propuxo esta iniciativa, non chegou nin a darse conta do interese que podía ter para Viveiro. No PP queren saber a data na que se celebrou a reunión co representante de Apaga, o contido da mesma e os criterios que se tiveron en conta para renunciar á realización do proxecto.
O portavoz popular di que contar cun centro deste tipo constituiría un recurso máis para atraer visitantes a Viveiro. Co tempo, ese centro podería medrar e cubrir moitas das frontes industriais que explorou tan dinámico empresario. Lembra que a revista Vida Galega cualificou en 1909 a José Barro como “símbolo do espertar da nosa raza á vida de grandes industrias” e dicía que “Viveiro pode estar satisfeita del, xa que dá alentos a múltiples iniciativas de importancia extraordinaria”. Rodríguez declara: “Pois vese que, por algún escuro motivo que esperemos que nos aclare, a alcaldesa non encontra motivación para dedicar un espazo en Viveiro a Barro, nin entende o interese que pode ter para a cidade”.
Barro instalouse en Viveiro en 1896 cando comprou o complexo industrial de Chavín. A súa actividade emprendedora abarca áreas como electricidade, tecidos, transporte, construción, automóbiles e recambio de pezas. Rodríguez resume: “É outra oportunidade perdida de mostrar ao mundo desde Viveiro a intelixencia, o empuxe e a valentía de homes que, como José Barro, constitúen figuras fundamentais para esta cidade”





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



