Viveiro, 12 de setembro de 2021. A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, foi hoxe a encargada de realizar a tradicional ofrenda ante a Virxe dos Remedios en Mondoñedo, representando aos antigos partidos xudiciais da Diócese de Mondoñedo-Ferrol.
A pandemia do coronavirus foi protagonista no discurso da alcaldesa, que pediu e desexou “superar os retos aos que nos enfrentamos; estou segura de que así será”.
Loureiro, que falou en representación de 422 parroquias e dos veciños e veciñas de Mondoñedo, Ferrol, Ortigueira, Ribadeo, Vilalba e Viveiro, deulle a benvida ao novo bispo, Fernando García Cadiñanos, e envioulle unha agarimosa aperta en sinal de agradecemento pola súa tarefa a Luis Ángel de las Heras, que deixou a diócese para ser o novo bispo de León.
“Nesta ofrenda, na que en nome das más de 275.000 persoas que viven na nosa diócese lle pedimos á Virxe dos Remedios axuda para dar resposta ás súas precupacións, quero ter unha lembranza para todas aquelas persoas que desgrazadamente faceleron polo coronavirus”, afirmou.
“Pídolle tamén á Virxe dos Remedios forza e ánimo para os veciños e veciñas que teñen neste momento algunha enfermidade grave, co desexo dunha moi pronta recuperación, ou atravesan calquera outra dificultade vital, coa esperanza de que o camiño continúa e pronto chegarán mellores momentos”, continuou a alcaldesa de Viveiro.
Loureiro lembrou que “desde hai semanas, asistimos a un novo conflicto bélico en Afganistán, con atentados e esceas terroríficas de sangue de inocentes derramada; por iso rógoche tamén nosa Señora polas persoas que teñen a desgraza de vivir en territorios en guerra, enviando unha agarimosa aperta ás mulleres e os nenos, os eslabóns máis débiles de situacións que sempre derivan en desigualdade e perda dos dereitos fundamentais”.
Noutra parte da ofrenda agradeceu “o traballo dos profesionais da sanidade e os traballadores dos servizos esenciais que desde o comezo da pandemia estiveron en primeira liña para axudar ao conxunto da sociedade”, e tivo unha lembranza para “Adrián Ben, un rapaz humilde que con esforzo e traballo acadou grandes metas, levando o nome de Viveiro e de Galicia por todo o mundo”.
Loureiro pediu tamén “polas persoas maiores, que viviron por e para os seus fillos e levan dous anos moi complicados, coa esperanza de que recuperen de forma definitiva o calor humano dos seus, e polos mozos e mozas, para que poidan crecer en liberdade, construíndo un mundo mellor e afastándose das malas tentacións”.
“Os concellos que forman parte da diócese sofren de primeira man as consecuencias da crise e o desmantelamento industrial que padecemos, con casos tan próximos a nós como o de Alcoa; o futuro de milleiros de persoas está en máns de directivos e multinacionais que en moitas ocasións esquecen a importancia do ben social e só teñen ollos para as contas de resultados; Señora, neste solemne acto, pídoche que se garanta a permanencia das industrias existentes e que se incrementen para evitar o desemprego”, engadiu.
Para rematar a ofrenda, María Loureiro pediu ”que a comarca da Mariña mellore as súas redes de comunicación co resto de Galicia e España, outro reto pendente pero fundamental para medrar; axúdanos ademais a garantir os dereitos dos homes e mulleres que traballan no mar e no agro, sectores fundamentais da nosa economía”.
“As persoas que ocupamos un cargo de responsabilidade pública debemos dar exemplo, por suposto, traballando unidas con independencia da cor política en beneficio dos nosos veciños e veciñas”, rematou.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



