Viveiro, 17 de setembro, 2021. A Asociación de veciños Casco Antigo de Viveiro organiza para este sábado, 18 de setembro, un pasarrúas musical a respecto do que acabará por convertirse como o Día da Veciñanza en celebración dos 3 anos cos que xa conta a asociación.
Unha iniciativa comunitaria na que celebrar entre veciñas e veciños ese sentimento de comunidade e que polo de agora haberña que esperar a que a situación sociosanitaria sexa máis axeitada para realizar o resto de actividades que o colectivo lle gustaría compartir, como serían: xogos populares, concurso de adornos de rúas, e algunhas
accións máis.
Dende a Asociación agradecen o patrocinio da Deputación de Lugo
a través do programa Musiqueando e a colaboración do Concello de Viveiro ofrecendo pinchos para o grupo musical.