Con motivo da realización de obras de mellora na rede xeral de sumidoiros en San Ciprián, na madrugada do mércores, día 30 de xuño, procederase a realizar un corte de subministro de auga dende as 0,15 h. As 6.00 h. Que afectará á avda. da mariña (dende o cruce ata a ría), rúa do Cobo, rúa do Xunco, avda. de Lieiro e Lugar de Lieiro. Tamén poden quedar afectadas o resto da avda. da Mariña, rúa Aduana, rúa dos Campos, rúa das Areas, rúa Rosalía de Castro, rúa do Torno, rúa Beiramar, rúa do Lugar, rúa do faro, travesía da Atalaia, rúa do Porto e zonas colindantes ás rúas mencionadas.




















O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



