Foz, 2 de novembro de 2021. O Concello de Foz organiza unha programación denominada Novembro Musical, xunto a coa Escola Municipal de Música e a Banda.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “novembro comeza cargado de ritmo en Foz. A Escola de Música Municipal Arcadio Mon levará a cabo na sala Bahía dúas actuacións os días 6 e 13 de novembro ás 20 horas. A primeira será da DKBand, un combo da Escola de Música que interpreta composicións de blues, rock e pop rock. A segunda actuación será do Combo de Jazz, que nos deleitará coas mellores pezas deste xénero”.
Na presentación destas actuacións o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a edil de Cultura, Inés López; e o director da Escola Municipal de Música, Felipe Sánchez, mostráronse satisfeitos de que se recupere a actividade musical.
Inés López deu a coñecer ademais que “o domingo 7 ás 19 horas tamén se poderá gozar de bo teatro, coa compañía Ítaca e a súa obra Formigas no peto, unha composición que nos mergulla na infancia a través da memoria do protagonista, unha memoria coa que calquera podería identificarse, vencellando o colectivo e o individual. A Banda de Música tamén realizará unha actuación co grupo teatral Touporroutou en conmemoración da Santa Icía. Neste caso o teatro e a música van da man para mostrarnos situacións cómicas que poderían ter pasado nunha discoteca dos anos 80. Esta actuación será o día 27 ás 20 horas”.
López Couto destacou que “a cultura continúa estando presente en Foz, nunha unión entre a afección e profesionais que beneficia a todos”.
A concelleira de Cultura rematou explicando que “para acudir a estes eventos non será necesario anotarse, pero si o uso de máscara e xel hidroalcohólico, e ata cubrir aforo, como marcan as novas medidas sanitarias impostas. Pídese a chegada dez minutos antes do evento para un correcto desenvolvemento do mesmo”.






















Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
A xornada contou con degustación gratuíta de viños elaborados por adegas da contorna, unha cata comentada e un mercado de produtos gastronómicos locais, permitindo aos asistentes coñecer de primeira man a riqueza do produto de proximidade. O pregón desta edición correu a cargo de Alejandro Gándara, quen presentou o seu proxecto audiovisual 360 curvas, unha obra que reflexiona sobre a distancia entre A Fonsagrada e Lugo e sobre o conflito social e político asociado á perda da súa condición de cabeceira de comarca, no marco da loita contra a despoboación.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A etapa, cun percorrido duns 150 quilómetros, partiu arredor das 11:30 horas e rematou en Barreiros, atravesando concellos como Xermade, Muras, Viveiro ou Foz. A proba reúne a equipos do ciclismo profesional internacional e sitúa a provincia de Lugo como escenario dunha das citas deportivas máis destacadas do calendario. O Goberno colabora no desenvolvemento da carreira a través das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, que velan polo correcto desenvolvemento da proba e pola seguridade de participantes e afeccionados.
A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.



