Ribadeo, 13 de decembro de 2021. Hoxe ábrese o prazo de inscrición nas actividades organizadas pola Concellaría de Mocidade de Ribadeo para este Nadal. Haberá teatro no auditorio, obradoiro de competencias dixitais e de vídeo xogos, tarde de lecer en Xuvenlugo e cine, do 27 ao 30 de decembro, nas salas comerciais de Ribadeo e cun prezo de entrada de so 1 euro.
A concelleira de Mocidade, Mariluz Álvarez Lastra, declarou que “as actividades están centradas, nunha parte importante, nas competencias dixitais. Parécenos que son ámbitos moi importantes, moi interesantes e sobre todo tamén relacionados coas necesidades que teñen a nivel estudantil. Entón, vanse facer unha serie de talleres, os días 27, 28, 29 e 30 de decembro na Casa da Xuventude, onde se van abordar este tipo de contidos, é dicir as presentacións interactivas, os códigos QR, as ferramentas básicas como son programas que lles valen para facer power point e diferentes tipos de medios dixitais para os seus estudos como Conva e Genially. As actividades están deseñadas para dous tramos de idade, para 5º e 6º primaria en horario de once a doce da mañá, e para ESO e bacharelato entre as doce e media e a unha e media da tarde. Hai 15 prazas, polo tanto é estritamente necesario facer a preinscrición chamando ao teléfono da Casa da Xuventude ao 982 129 889 ou mandando un correo electrónico ao seu enderezo, pero sempre hai que pasar por alí porque é necesario facer unha ficha de inscrición”.
A edil ribadense dixo que “relacionado tamén coas competencias dixitais, pero desde o ámbito do obradoiro de vídeo xogos, os días 3, 4 e 5 de xaneiro, neste mesmo horario, como fixemos para 5º e 6º de primaria entre as once e as doce da mañá e para ESO e bacharelato entre as doce e media e a unha e media da tarde, vanse traballar todos aqueles aspectos relacionados con xogos que eles coñecen para aprender a programar, para coñecelos e, sobre todo, para ver tamén as utilidades que teñen desde o punto de vista educativo e aqueles aspectos que non deben ser tidos en conta ou que son máis perigosos. Todas estas actividades vanse facer no centro TIC, no telecentro do Concello de Ribadeo, pero é necesaria a previa preinscrición”.
Mariluz Álvarez Lastra sinalou que “ademais están as actividades Volve o Cine no Nadal ao noso concello e esta vez imos facelo da man dos multicines de Cinelandia para apoiar a este sector que viviu uns momentos difíciles. Imos facer un convenio con eles onde os días 27, 28, 29 e 30, o Concello de Ribadeo pon a disposición dos rapaces e das rapazas do noso concello 200 entradas, eles simplemente terán que aportar 1 euro, o resto corre a cargo do Concello de Ribadeo, e as películas van ser en dúas salas diferentes, unha para os rapaces e rapazas máis pequenos e outra para os adolescentes e incluso persoas adultas. Son películas que están en carteleira, como por exemplo, Canta 2 e Spiderman o luns 27, Encanto e María Solinha o martes 28, Clitford el gran perro rojo e Way Down o mércores 29, El lobo y el león e Scape Room 2 o xoves 30. O horario das películas nas dúas salas será ás cinco e media da tarde. O aforo será de 200 entradas entre as dúas salas e cando se esgote entenderemos que xa non ten cabida para máis xente”.
A concelleira de Mocidade anunciou que “outra das actividades que poñemos a disposición dos rapaces e rapazas do noso concello é a asistencia a Xuvenlugo, en colaboración coa área de Mocidade da Deputación provincial. O Concello de Ribadeo dispón de 90 entradas para poder facilitar aos rapaces e rapazas do noso concello. O día 3 pola tarde o noso concello ten reservada a asistencia a Xuvenlugo e poñeremos un autobús para aquelas persoas que non teñan maneira desprazarse para que poidan facelo dun xeito gratuíto. O autobús sairá ás dúas e media da tarde de Ribadeo cara a Lugo, estará alí toda a tarde e cando as actividades rematen ás oito volverán a Ribadeo. É necesario inscribirse e todas as persoas menores teñen que ir acompañadas dun adulto posto que desde o Concello de Ribadeo non nos facemos cargo, debido á situación sanitaria na que estamos, de ningún rapaz ou ningunha rapaza, é dicir toda persoa que asista no autobús debe ir acompañada dun adulto que se faga cargo. Se o autobús ten 57 prazas aínda temos ata 90 entradas, que serían para as persoas que poidan ir pola súa conta. Tamén temos outro tipo de actividades de teatro e demais que están na programación habitual, en colaboración coa Concellaría de Cultura, como a actuación do Teatro Galitoon coa obra Güela güela o luns 22 ás cinco e media da tarde no Auditorio Municipal. O prezo da entrada é de 5 euros”.
Álvarez Lastra subliñou que “para facer uso de todas estas actividades e poder participar é necesario e imprescindible inscribirse na Casa da Xuventude, que está fronte á biblioteca municipal, e no teléfono é 982 129 889. As actividades son totalmente gratuítas”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



