Santiago de Compostela, 17 de decembro 2021. O BNG propuxo no Parlamento galego que a Xunta declare as razas autóctonas galegas como especialmente protexidas por formar parte do patrimonio cultural, xenético e etnográfico galego, co fin de evitar a súa desaparición e favorecer a súa recuperación. A deputada Carme Aira advertiu nunha proposición non de lei que o proxecto de lei estatal para a protección animal, ao que se ben recoñeceu “a súa boa intención”, non recolle a realidade galega en canto ás nosas razas autóctonas, xa que ten a intención de prohibir a cría entre particulares, o que “abocaría sen remedio a estas razas á súa extinción”.
Así, Aira considerou “ríxida en extremo e prexudicial para calquera das razas autóctonas de cans que recoñece como animais de compañía e quizá tamén outras que quedan fóra desa categoría”. Nesta liña, explicou que o borrador da nova norma estatal pretende a esterilización dos cans de protección do gando e a obriga de castralos, deixándoos en situación de máis vulnerabilidade fronte ao lobo, mentres por outra banda, o mesmo goberno, aínda que distinto ministerio, declara ao lobo como especie protexida, prohibindo a súa caza, o que supón unha incongruencia entre ministerios. Para a deputada nacionalista, o proxecto de lei tampouco recoñece a realidade do rural e do sector agropecuario en relación cos animais, na que estes fan un importante traballo de colaboración coas persoas e que na maioría dos casos está afastada de calquera situación de maltrato.
Aira recordou que, concretamente no caso dos caninos, o Ministerio de Agricultura ten recoñecidas dende hai 20 anos 4 razas autóctonas galegas: o can de palleiro, o podengo, o perdigueiro e o guicho ou quisquelo, “algunhas delas abocada xa á extinción por falta de políticas por parte da Xunta”. Neste contexto, e logo de recoñecer o papel fundamental desenvolvido polos clubs de raza, considerou preciso “protexer ás nosas razas ante calquera eventual lei que no futuro prohiba a cría entre particulares, porque foron estes os que mantiveron co seu esforzo e inversión persoal razas como o can de palleiro que neste momento se está recobrando do perigo que tivo de verse extinguido por completo, pero que aínda está en risco”.
Na súa intervención, a deputada do BNG tamén se referiu ao caso de Canarias, onde se vén de sacar unha proposición non de lei no mesmo sentido para a protección das súas razas autóctonas en xeral como patrimonio natural e das caninas en particular. “Entender as nosas razas como patrimonio cultural, antropolóxico e natural é imprescindible para a súa protección e recuperación –incidiu-; sería impensable perder este acervo porque non se atendan as súas necesidades de conservación debido a calquera lexislación que non recolla a súa realidade”.
Deste xeito, deu a benvida a calquera medida que evite o maltrato animal, a cría indiscriminada para a súa venda ilegal ou calquera outra actuación encamiñada á protección dos animais, pero concluíu que “existen moitas posibilidades de control desta actividade entre particulares que non supoñan a perda patrimonial e da biodiversidade”. A iniciativa nacionalista non prosperou polo veto do PP.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



