Madrid, 13 de xaneiro de 2022. A formación nacionalista rexistra novas iniciativas no Congreso para que o Goberno do Estado aplique en produtos pesqueiros o IVE do tipo superreducido de 4%, após saír á luz as recomendacións da Unión Europea de aplicar esta rebaixa. Esta medida, reclamada polo BNG, recollendo as demandas do conxunto do sector pesqueiro, contribuiría ao aumento de consumo de peixe e marisco- o que favorecería a que as consumidoras tivesen unha dieta máis equilibrada- e facilitaría un maior desenvolvemento económico de zonas altamente dependentes da pesca, como a Galiza.
“O peixe é un alimento básico e esencial nunha dieta equilibrada. Esta afirmación está apoiada por organizacións de saúde e nutrición internacionais como a OMS ou a propia FAO” lembra o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, polo que debe promoverse e facilitarse o seu consumo. Para lograr ese obxectivo, de facer máis accesíbel para a poboación a adquisición de produtos pesqueiros, a organización nacionalista xa rexistraba en abril de 2021 iniciativas reclamando ao Goberno do Estado a rebaixa do IVE de 10 a 4% os produtos pesqueiros “tal e como demandaban tamén as patronais e as asociacións do sector da pesca e a acuicultura”.
No conxunto da Unión Europea, a meirande parte dos países teñen xa un IVE máis baixo que no Estado español. “En Francia aplícaselles un tipo do 5,5%; en Luxemburgo do 3%; en Chipre, Hungría e Polonia do 5%; en Bélxica e Portugal do 6%; e en Alemaña aplícase, agora mesmo, un 7%, aínda que o Goberno xa anunciou que o reducirá proximamente” destaca o deputado nacionalista. Noutros países, por exemplo Irlanda ou Malta, exclúen directamente a aplicación do tipo impositivo a estes produtos.
“Todos os datos expostos deberían ser xa suficientes para xustificar a aplicación do IVE superreducido de 4% aos produtos pesqueiros e así fomentar un maior consumo entre a poboación” enfatiza Rego. Mais, a estes argumentos súmaselle a recomendación da Unión Europea de implantar este tipo de rebaixas. Na Resolución do Parlamento Europeo sobre a estratexia «da Granxa á Mesa» para un sistema alimentario xusto, saudábel e respectuoso co medio ambiente.
Na resolución número 101 desta Resolución dise que “os prezos dos alimentos deben servir para enviar un sinal adecuado aos consumidores; considera que estabelecer uns prezos reais dos alimentos, que tamén reflictan o verdadeiro custo de produción para o medio ambiente e a sociedade, é a maneira máis eficaz de lograr sistemas alimentarios sostíbeis e equitativos a longo prazo”. Así mesmo, o documento móstrase a favor dunha maior flexibilidade á hora de estabelecer diferentes tipos de IVE para os alimentos que teñen distintos efectos sobre a saúde e o medio ambiente, e permitirlles elixir un tipo nulo de IVE para os alimentos saudábeis e sostíbeis.
Neste mesmo sentido o Comisario de Economía, Gentiloni, declarou que a nova directiva permitirá aos Estados membros aplicar estes tipos reducidos, podendo chegar a un tipo de IVE de 0% para “aqueles produtos que cobren necesidades básicas, como son os produtos alimenticios, aínda que a decisión quedará en mans de cada Estado membro”.
“Esta reforma foi anunciada por parte da Comisión Europea para a primavera de 2022 polo que a partir desa data os Estados terán a posibilidade de aplicar o IVE superreducido a produtos como o peixe e o Goberno do Estado español xa non poderá seguir utilizando como argumento para negar esa baixada a regulación europea como viña facendo até o momento” subliña o deputado nacionalista.
En definitiva, a baixada do IVE aos produtos pesqueiros serviría “para favorecer a introdución de máis peixe na dieta, hábito saudábel que axudaría ademais a reducir a factura sanitaria derivada das múltiples enfermidades que se relacionan cunha mala alimentación”, ao mesmo tempo que o aumento das vendas axudaría á recuperación dun sector central na economía da Galiza como é o pesqueiro.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



