Viveiro, 15 de xaneiro, 2022. A CIG-Saúde da Mariña denuncia a insostible situación que vén sufrindo o Centro de Saúde de Viveiro pola ausencia, desde hai moitos meses, de máis da metade da dotación de persoal facultativo. Esta situación xa foi denunciada recentemente por este sindicato, ao chegarse a situacións tan inasumibles como a de estar só dous facultativos en quenda de mañá, máis outro para a atención urxente. Isto significa que só había tres facultativos para atender a case 16.000 pacientes, o que constitúe unha ratio inaceptable de máis de 5.000 persoas por profesional.
Esta precariedade asistencial viuse nestes últimos días aínda máis agravada ao ter constancia que nalgúns días o centro de saúde contou unicamente coa presenza dun facultativo para a atención da totalidade da poboación de Viveiro. Situación que podemos cualificar coma caótica e conducente, segundo vai progresando a casuística tanto de pacientes coma de presenza de profesionais, ao peche do centro sanitario.
Desde CIG-Saúde tamén somos coñecedores de que gran parte dos e das pacientes está a sufrir anulacións e adiamento de citas, ata en 16 días, sen previo aviso ou, no mellor dos casos, cunha chamada telefónica no mesmo día que tiñan que acudir á consulta.
Este desmantelamento do Centro de Saúde de Viveiro, próximo ao peche das súas portas, é consecuencia directa da incompetencia xestora do SERGAS e da Xerencia. Sendo conscientes de que esta sexta onda da pandemia está a aumentar tanto a presión asistencial como o número de baixas de profesionais contaxiadas, tamén acreditamos que este sindicato leva anos advertindo do caos que se aveciñaba pola desidia e abandono ao que o SERGAS relegou a Atención Primaria.























A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.



