O pasado venres 28 de xaneiro tivo lugar un pleno do concello de Ribadeo. A destacar que foi un pleno ‘do’ concello, que non un pleno ‘no’ concello, no salón de plenos. Cousas do coronavirus e as posibilidades da tecnoloxía, agora poden darse plenos así, onde os concelleiros se vexan a cara entre si só nunha pantalla. Os concelleiros, pois por ningures apareceu a posibilidade tecnicamente factible, de seguir o pleno a quen non somos concelleiros. Coido que é un proceso máis de afastamento forzado do pobo dos asuntos que lle (nos) atinxen: non só é que non teñamos voz no pleno de pleno dereito -valla a redundancia-, algo consagrado polo sistema, ou que as preguntas da xente común sexan relegadas a ser presentadas con anterioridade, por escrito a través dunha asociación para ser lidas xa rematado o pleno, se cadra, senón que agora os plenos non conservan tampouco a publicidade. É dicir, non son públicos por graza … da tecnoloxía? Co que haberá que esperar ás actas -se se publican, que ás veces non- para ter unha idea do pleno. Ter unha idea, pois a correspondencia acta – realidade do pleno ás veces non está moi clara, non podendo recoller un acta matices e relacións que poderían levar a unha interpretación diferente da que remata sendo oficializada na práctica polo poder instituído.
Mais o título non corresponde ó dito no parágrafo anterior, que só actúa a modo de introdución, se non á correspondencia entre o que transcendeu ós medios do pleno do 28 de xaneiro e o pleno de 23 de outubro de 2018, en relación á nova residencia de maiores de Ribadeo, para a que foi proposto no seu día o nome de José María Rodríguez. O caso é que vai para catro anos, o convenio sobre a residencia entre a Deputación e o Concello foi selado, e no pleno de outubro de 2018 sacáronse adiante tres documentos básicos para o seu funcionamento, en particular, o Regulamento de Réxime Interno. Ese regulamento foi alegado pola Plataforma pro Presidencia, apreciando -segundo aparece na acta- un informe interno do concello varios puntos, e desbotando outros. Aínda así, por mor de non turbar a rapidez do proceso -nunha residencia que levaba xestándose anos- e da ‘homoxeneización’ dos regulamentos cos de outras residencias que naqueles momentos estaban a ser tramitados ó largo da provincia para conveniar coa Deputación, o alcalde adquiriu o compromiso de levar á primeira reunión da comisión os cambios propostos, non aprobando e integrando nin os informados favorablemente no texto daquela. Na p. 12 da acta dese pleno de 2018, aparece, posto en boca do alcalde e como resposta á intervención de Aurora González Ginzo, que “existe ese compromiso de levar á primeira reunión da Comisión polo que pensa que na votación non debería romperse a unanimidade como se mantivo ata o de agora.” Unha unanimidade procurada en todo momento polo presidente da Plataforma impulsora, José Mª Rodríguez, e que non se rompeu tampouco neste caso, despois da promesa realizada.
E aquí estamos, case catro anos despois, renovando o convenio nun clima de normalidade, despois de ter amosado a dirección da residencia un navegar durante este tempo que a fixo saír mellor parada que a maioría das residencias, e non só da provincia. Por suposto, non todo foron luces no desenvolvemento da residencia, nin antes da súa posta en funcionamento nin despois, aínda que as sombras quedaran relegadas e o discorrer xeral fora positivo, como remato de dicir. Pero non se trata de furar nos posibles puntos negros, senón de preservar o mellor futuro, e por iso a lembranza da promesa de revisar o Regulamento de Réxime Interno ou o Regulamento de acceso, que tamén se alegou e sobre o que se fixo a mesma promesa. Dende outubro de 2018, aínda que non tivemos noticia directa das xuntanzas da Comisión de xestión da residencia ribadense, a razón de dúas previstas ó ano, xa deberan terse feito varias. Non obstante, se non se tivo constancia das xuntanzas, menos aínda do tratamento de reformas dos regulamentos, Unhas reformas que, entendemos no seu momento quen as propuxemos, introducían a lóxica nalgúns dos procesos da residencia e permitían a colaboración dos familiares e sociedade, axudando ademais a garantir o mantemento do seu bo funcionamento.
Seguimos a crelo así.



















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



