Os Bombeiros de Vilalba excarceraron este luns a dúas persoas que resultaron feridas nun choque no que se viron implicados outros tantos coches en Abadín, no punto quilométrico 2 da LU-P-0107. O accidente ocorreu moi preto das cinco, á altura da parroquia de Fanoi. O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Vilalba e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Dúas persoas foron excarceradas despois de colidir outros tantos coches en Abadín
Dúas persoas foron excarceradas despois de colidir outros tantos coches en Abadín
Relacionado
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo
-
Pontón destaca a importancia de ter un escano galego en Bruxelas para defender o sector pesqueiro e marisqueiro
-
O Grupo Popular demanda que a Xunta inclúa a praza vacante do centro de saúde da Fonsagrada en futuras ofertas de emprego de difícil cobertura