Burela, 2 de febreiro, 2022. Na mañá de hoxe, unha representación de CCOO, formada por Gregorio Bermejo Verdejo, Coordinador do Sector Ferroviario en Galicia, Mª José Novoa Villarejo, Secretaria Xeral da Unión Comarcal de CCOO na Mariña, Ana María Sanmiguel Gómez, Secretaria Xeral da Sección Sindical de Adif-Renfe na provincia de Lugo e Sabas Martínez Rodriguez, Delegado Sindical de Adif en Ribadeo mantiveron unha xuntanza con Francisco Cajoto Caserío, Presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña e Alcalde do Concello de Foz para tratar a situación do estado da liña e servizos ferroviarios da rede de ancho métrico que discorre pola comarca.
CCOO indicoulle que desde hai moitos anos e sobre todo desde que se produciu a integración de FEVE en ADIF e Renfe, os investimentos limitáronse a actuacións puntuais de mantemento, proba diso é que existen limitacións temporais de velocidade desde fai máis de vinte anos e cando hai temporais prodúcense numerosos incidentes en trincheiras e zonas de árbores.
Tamén lla informou que as numerosas incidencias que se producen nos servizos de viaxeiros, con supresións e transbordos é debido a que unha parte da frota que se usa ten moita antigüidade e os trens menos antigos sempre deron moitos problemas por deseño de fabricación, ao que hai que sumar o deficiente mantemento pola falta de repostos debido aos escasos orzamentos para esta zona.
Outro dos asuntos tratados é a non presencia de persoal ferroviario nas estacións de Viveiro, Xove e Burela e obrigar aos viaxeiros para comprar os billetes nas máquinas autoventa instaladas nas estacións, cuestión que prexudica aos usuarios de idade avanzada.
Desde CCOO cremos que a oferta de servizos ferroviarios é insuficiente, xa que só hai catro servizos por sentido e día entre Ferrol e Ribadeo, dous dos cales son conexión con Asturias, e deberíanse realizar xestións para incrementar a oferta cun servizos de proximidade que nalgún caso terían que ser entre Ribadeo e Ortigueira para dar un servizo de calidade en toda a comarca para estudantes, traballadores e demais usuarios, e aproveitar a intermodalidade cos buses na estación de Burela para conectar co Hospital da Mariña e os Institutos.
Expuxémoslle que A Mariña é unha zona onde desprázanse moitos turistas en época estival, ademais de datas puntuais como a Semana Santa e eventos folclóricos e festivais musicais, polo que sería importante incrementar os servizos ferroviarios nestas datas e que se solicitase a construción dun apeadeiro xunto á Praia das Catedrais que é un dos puntos máis visitado de Galicia e parece inconcibible que non teña unha parada o ferrocarril.
Solicitámoslle que todos estes puntos trasládeos ao resto de municipios e que estamos dispostos a manter as reunións que sexan necesarias para informais, así como que se pida ao Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que se realicen todos os investimentos necesarios para a mellora da infraestrutura e servizos públicos ferroviarios.
Desde a Unión Europea hai unha aposta polo ferrocarril como medio de transporte máis ecolóxico e sostible e se teñen que presentar proxectos para que estean incluídos nos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia entre os cales deberían de incluírse os necesarios para o impulso desta liña ferroviaria.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



