A Mariña, 10 de febreiro, 2022. As persoas xubiladas de todo o Estado español van volver sair á rúa o próximo sábado día 12 de febreiro. Na Galiza, o Movemento Galego en Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (MODEPEN) ten convocado dúas manifestacións: unha na sur, en Cangas do Morrazo, e outra no norte, en Ribadeo.
O Sindicato Labrego Galego comparte a reivindicación das organizacións convocantes de
revalorización das pensións coa referencia do “Índice de Prezos ao Consumo Anual Acumulado” (“IPC Acumulado”, ou “IPC Real”), co obxecto de garantir o mantemento do poder adquisitivo das pensións. Entendemos que calquer revalorización que fique por debaixo destas cuantías estaría a incrementar a brecha de desigualdade que provocaron as políticas neoliberais das ultimas décadas.
No caso das persoas xubiladas dos sectores agrarios e gandeiros na Galiza, que veñen percibindo pensións que na maior parte dos casos non superan o importe mínimo, a actualización das cuantías resulta imprescindíbel. Por outra parte, as dificultades engadidas para o acceso aos servizos públicos, a cada paso máis precarizados, que teñen as persoas xubiladas que viven no medio rural galego, agrava aínda mais a situación.
O SLG vai participar nestas mobilizacións como xeito de expresar a nosa solidariedade coas persoas xubiladas actuais, pero tamén para demandar un compromiso político explícito co sistema público de pensións para o futuro.





















A actividade rematou coa creación dun xardín de planta de tempada a base de Cyclamen na contorna do parque Reina Sofía.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocará esta tarde a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



