Viveiro, 12 de febreiro, 2022. O BNG vén de facer unha recuperación simbólica no parque Pernas Peón plantando un carballo, un bidueiro e un castiñeiro no mesmo, após 4 anos sen feitos por parte do goberno de María Loureiro e Suso Fernández, ambos con dedicación exclusiva para traballar polo concello e veciñanza.
Para as nacionalistas este parque leva anos sen atención, con bancos e mesas rotas xunto con outras que desapareceron, especies vexetais e camiños que se perden por falta de mantemento e cunha gran falta de masa arbórea despois dunha tala improvisada, sen o máis mínimo estudo e planificación, feita en teoría para combater a procesionaria pero que tampouco resolveu o problema.
A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, afirma que con esta acción simbólica queremos que a alcaldía de Viveiro “espabile e traballe” por recuperar esta zona verde, para que volva ser un parque vivo no que poder merendar, socializar, xogar e practicar deporte.
Despois de desmentir as palabras de María Loureiro en referencia de que xa tiñan proxecto e despois de que o paso dos anos sen recuperación o rematasen de confirmar, Míriam Bermúdez proponlle “deixar a un lado a improvisación e comezar a elaborar un proxecto de reconstrucción e renovación do parque. Un proxecto que contemple a eliminación das árbores en mal estado que supoñen un perigo parar non ter que pechar o parque con cada temporal, que reflexe o deseño e ordenación deste espazo así como a tipoloxía dos elementos vexetais que se van a plantar no mesmo, os equipamentos e servizos que vai ter, e incluso, un Plan de conservación e mantemento para evitar o seu abandono e desertización no futuro.”





















Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



