Viveiro, 19 de febreiro de 2022. A política local ten que servir para solucionar os problemas dos veciños, especialmente dos que son máis vulnerables. No caso dos acollidos á Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (ASPANANE), cada día é máis urxente solventar o problema residencial. Con este fin, o grupo municipal do PP solicita a convocatoria dun pleno extraordinario, co obxectivo de instar ao goberno local a xestionar a firma dun convenio que desenvolva o acordo perfilado en 2019 para a creación da residencia de ASPANANE no primeiro piso do edificio no que ten o seu local na planta baixa; esa primeira planta está ocupada pola Escola de Idiomas que, segundo o acordo aludido, debería ser trasladada a antiga escola de Celeiro. No caso de que tal opción, finalmente non fora posible, o PP insta ao equipo presidido pola socialista María Loureiro a facer as xestións oportunas para buscar outra solución.
O portavoz dos populares en Viveiro, Óscar Rodríguez, lembra que no ano 2019 elaborouse un borrador de convenio a tres bandas: Deputación, Concello e Xunta. A Administración autonómica encargaríase de acondicionar a antiga escola de Celeiro para a Escola de Idiomas. O edificio pertence a tesourería da Seguridade Social. Cando se solicitou a cesión do inmoble, a Seguridade Social demandou o abono de 700.000 euros. Rodríguez sinala: “É algo inaudito, porque en moitos outros concellos, a Seguridade Social cedeu os locais sen custo algún; foi unha demostración do pouco peso que ten a alcaldesa socialista no PSOE. En todo caso, o asunto leva durmido varios anos e é preciso tomar decisións, porque o tempo xoga en contra”.
Rodríguez di que se a opción que estaba prevista non é posible, é necesario buscar outra fórmula e o goberno local ten que xogar o papel que lle corresponde neste asunto.























A banda presentará o seu espectáculo nunha cita aberta ao público, que promete unha noite de rock e diversión para todos os asistentes.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.



