Lugo, 25 de febreiro de 2022. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres as bases das convocatorias de axudas de concorrencia competitiva a asociacións culturais e a clubs e entidades deportivas, coas que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará ao tecido asociativo 700.000 euros.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, detallou as contías e obxectivos das convocatorias, que nos vindeiros días se publicarán no Boletín Oficial da Provincia para que as entidades poidan tramitar as solicitudes correspondentes.
Asociacións e colectivos culturais
A convocatoria para asociacións culturais conta cun importe total de 200.000 euros. As achegas teñen como finalidade o financiamento de actividades culturais que se desenvolvan na anualidade 20222 por parte de entidades dedicadas á dinamización e promoción cultural que teñan sede ou delegación social na provincia de Lugo.
As asociacións poderán beneficiarse de achegas entre os 300 e os 3.000 euros, en función da calidade e o interese cultural, patrimonial e etnográfico das actividades que presenten á convocatoria así como a súa singularidade e grao de consolidación, dacordo cos baremos fixados nas bases.
Tamén se valorará a difusión e transmisión de valores que fomenten a igualdade de xénero, a integración das persoas con capacidades diferentes e as relacións interxeneracionais. Así mesmo, primaranse as propostas de asociacións asentadas en concellos de ata 2.000 habitantes.
Maite Ferreiro explicou que “un ano máis sacamos adiante esta convocatoria que achega ás asociacións de ámbito local e comarcal un apoio económico fundamental para manter a súa actividade e facilitar o acceso á cultura en todo territorio. A diferenza doutras anualidades, nesta ocasión centramos todo o investimento na organización de actividades, para promover a recuperación total dese dinamismo: das presentacións, proxeccións, coloquios, encontros culturais, que se viñan organizando e que foron interrumpidas ou condicionadas pola pandemia”.
Na convocatoria de 2021, beneficiaronse desta achegas 135 asociacións culturais das distintas comarcas.
Clubs e entidades deportivas
No tocante á convocatoria para clubs e entidades deportivas, o investimento da Vicepresidencia da Deputación será de 500.000 euros. Establécense dúas liñas de axuda: unha destinada a sufragar gastos da actividade competitiva, cun importe que oscila entre os 300 e os 5.000 euros, con 470.000 euros, e outra dirixida á organización de eventos, con achegas entre os 300 e os 2.000 euros.
Na concesión, valóranse criterios como o número de deportistas e/ou equipos, ao rendemento deportivo ou a traxectoria do club, e tamén se formulan baremos ligados a promoción do deporte feminino e a participación de persoas con capacidades diferentes. Asi mesmo, prímanse aos clubs con sede en concellos con menos de dous mil habitantes.
Maite Ferreiro sinalou que “estas subvencións son un recurso fundamental para clubs de base e afeccionados de todas as comarcas, xa que con ellas financian gastos derivados de fichas, material deportivo ou transporte facilitando que rapaces e rapazas poidan practicar diferentes modalidade que se benefician nenas e nenos/rapazas e rapaces de todas as modalidades deportivas”.
O ano pasado recibiron estas axudas uns 200 clubs de base e afeccionados das distintas comarcas.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



