Granada, 1 de abril de 2022. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo e Presidente da Deputación, José Tomé Roca, participou hoxe en Granada na xornada Gobiernos provinciales en la recuperación, organizada polo PSOE. Un acto no que participaron entre outros dirixentes a Vicesecretaria Xeral do PSOE, Adriana Lastra, o secretario de Organización, Santos Cerdán, así como Alcaldes, presidentes de deputacións de toda España e cargos orgánicos do partido a nivel estatal.
Tomé Roca incidiu na importancia de promover e de participar neste tipo de encontros políticos “xa que aquí podemos facer unha posta en común da nosa xestión e dos nosos proxectos de futuro, e ao mesmo tempo coñecer outras iniciativas interesantes para a nosa provincia e que se impulsan noutras partes de Estado”, explicou.
Os municipios e a actividade rural, a reforma laboral nos gobernos locais e a xestión dos fondos europeos foron as mesas de traballo en torno ás que xirou o encontro socialista, no que se evidenciou a importancia do traballo das deputacións para favorecer unha recuperación sostible, e para vertebrar e dinamizar un territorio. “Tanto os concellos como as Deputacións son as primeiras entidades ás que se achega o cidadán para obter solucións, por iso é tan importante estar preparado para responder con eficacia, solvencia e axilidade,” sinalou o dirixente socialista.
Como vén facendo en distintos foros municipalistas, como na Comisión de Deputacións da FEMP, e tamén no seo dos órganos do partido, José Tomé defendeu que as entidades provinciais teñan un papel central na dotación e na xestión dos fondos europeos. “Só así conseguiremos que estes recursos cheguen realmente ao territorio, que respondan ás necesidades reais da cidadanía e do tecido produtivo, e que teñan unha verdadeira capacidade transformadora, como é o seu obxectivo”, subliñou o Secretario Xeral dos socialistas na provincia, “porque as administracións locais son as máis próximas ós veciños e veciñas, polo que son as que mellor coñecen a súa realidade e as súas necesidades”. Así mesmo, as deputacións, como demostraron durante a pandemia e como o fan cada día coa súa xestión, “xogan un papel imprescindible de cooperación cos concellos, sobre todo cos máis pequenos, favorecendo a cohesión social e o equilibrio territorial”, asegurou José Tomé.
De feito, no seo da Comisión de Deputacións da FEMP hai consenso en torno á reivindicación de Tomé Roca de habilitar fondos europeos para mellorar a rede de infraestruturas provinciais, “unha cuestión básica, tanto para artellar solucións eficaces para fixar poboación e abordar o reto demográfico, como para atraer turismo”, asegurou o Secretario Xeral do PSdeG na provincia. “Se queremos que a xente non se vaia do rural, debe ter bos accesos, igual que se queremos que veña facer turismo. Non se trata de facer nin un quilómetro de estrada nova, senón de manter e mellorar as vías que temos para que a xente teña calidade de vida”, explicou.
O mandatario socialista incidiu en que a Deputación de Lugo e en xeral as institucións provinciais “fixemos fronte de maneira eficaz ó impacto da pandemia, sen ter experiencia en situacións de emerxencia coma esta, e a pesar de non contar con ningún recurso económico extraordinario, como si recibiron tanto o Goberno central como as comunidades autónomas, no noso caso, a Xunta de Galicia”.
























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



