Foz, 5 de abril de 2022. A estas alturas do mandato municipal, a ninguén se lle oculta que o goberno local de Foz, presidido polo socialista Fran Cajoto, ten un grave déficit de xestión; ten sobradamente demostrada a súa incapacidade para resolver os problemas do concello. A concelleira popular Verónica Soto destaca que “unha mostra máis desa incapacidade de xestión é a paralización de dúas obras moi significativas en Foz: as do local dos xubilados e as da rúa Os Limoeiros”.
Soto explica: “No pasado pleno, o grupo do PP denunciou o parón de varias obras municipais, que se están a executar neste concello. Afectan, por un lado, á obra do local dos xubilados, no centro social, que leva parada varias semanas. O equipo de goberno xa confirmou que probablemente non se cumprirían as datas que se deron aos representantes dos xubilados; polo tanto é un novo incumprimento do señor Cajoto, con un colectivo que xa vén sendo enganado durante varios anos por este goberno”.
A mesma concelleira sinala: “Outra obra que leva parada varias semanas e que causa graves prexuízos aos veciños é a de Os Limoeiros. Actualmente está en zahorra, polo que dificilmente poden transitar por ela os veciños; é unha rúa que une coa de Paco Mañón. É incomprensible que estean paradas estas dúas obras”.
Para Soto, “a falta de xestión e a incapacidade do equipo de goberno máis caro da historia é visible na paralización destas obras, sen explicación algunha”.

























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



