Foz, 1 de maio de 2022. O Secretario Xeral do PSdeG na provincia de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo na celebración do Primeiro de Maio en Bispo Santo, no concello de Foz, un tradicional encontro que os socialistas recuperaron tras dous anos de pandemia.
“É un pracer estar aquí, a primeira ocasión que teño de facelo como Secretario Xeral, e volver a esa normalidade que todos e todas ansiabamos”, subliñou Tomé Roca, destacando que, precisamente, “este é un dos meus compromisos do congreso” no que se renovou a dirección provincial do partido, “estar cos compañeiros e compañeiras, no territorio”. “Xa fixemos algunha reunión desde o congreso aquí na comarca, e faremos moitas máis. En todas as comarcas fan falta, pero aquí na Mariña creo que vai facer falta algunha máis porque temos que activar unha oposición á mentira do PP contundente. Non é admisible que nos mintan e nos queiran enganar da maneira que o están facendo. Vamos ter que traballar duro, pero estou seguro de que os veciños e as veciñas da Mariña o van a entender e nos van a apoiar cando toque”.
José Tomé aludiu neste sentido á situación da industria na comarca. “Para os socialistas é unha boa noticia que se instalen empresas en calquera dos 67 concellos da provincia de Lugo”. “Dámoslle a benvida a todos os investimentos e aos postos de traballo que se creen na nosa provincia”, recalcou o Secretario Xeral do socialistas en relación á implantación de Altri.
Sen embargo, engadiu, “a Xunta manifestou por activa e por pasiva que Altri sería para A Mariña e mesmo lle chegou a poñer unha ubicación. Chegaron a falar de que se instalaría no concello de Cervo”. Polo tanto, aseverou, “non estamos inventando nada” e “hai que ter pouca vergonza cando o PP acusa ós alcaldes e alcaldesas da Mariña de mentir, como acaba de facer, porque, se alguén minte, se alguén engana, se alguén manipula, e se alguén traizoou foi o Partido Popular á Mariña. Que non nos veñan con contos”.
Ninguneo aos mariñanos
“Feijóo estivo xogando coa Mariña” no que respecta á implantación de Altri e “ninguneou ós alcaldes e alcaldesas e, como consecuencia, a todos os mariñanos”. Neste sentido, o Secretario Xeral dos socialistas lucenses lembrou que os rexedores “pedíronlle unha simple reunión, e nin sequera os escoitou. E non o pediron unha vez, senón tres veces, e as tres veces se traspapelaron os papeis. Debe ter un problema no caixón que os papeis escapan del. Iso simplemente é un ninguneo a todos os mariñanos, porque cando ningunean ós alcaldes e alcaldesas, están ninguneando a todos os mariñanos e mariñanas”.
Feijóo foi a Alcoa só facerse fotos e por Vestas nin apareceu
Tomé Roca incidiu así mesmo que Núñez Feijóo “utilizou politicamente Alcoa hasta máis non poder”. “Fixo non sei cantas visitas e fotos. Iso si, sen aportar nin ideas, nin cartos, como fai o Goberno vasco, por exemplo, a diferencia da Xunta de Galicia”. Non achegou investimentos, engadiu, pero, en cambio, “non dá gastado os cartos que ten no IGAPE, non sabe como executalos, e prefire devolver os fondos a Europa”. Lembrou que o Goberno galego deixou sen executar “o 51% do diñeiro que recibiu de Europa entre o ano 2014 e 2020, como se aquí non houbera onde investir o diñeiro”.
José Tomé recalcou que, fronte á inacción da Xunta, foi o Goberno de España “o que solucionou o problema de Alcoa. Foi o que conseguiu que a empresa non se saíra coa súa, que haxa continuidade para o futuro e que se vaia investir para modificar os sistemas de produción. Iso non o fixo o PP, nin Feijóo. Por iso agora están calados”.
O Secretario Xeral tamén se referiu ó ocorrido con Vestas. “Alí non foi nin Feijóo, nin Conde, nin Rueda, ningún deles. Que pasa, que os 125 postos de traballo de Vestas son distintos a outros postos de traballo que se perden na industria? Non teñen a mesma importancia e valor? O que pasa é que neste caso a competencia e a responsabilidade era da Xunta de Galicia, e por iso escaparon”, asegurou.
Por todo iso, subliñou, “o PP deulle as costas á Mariña. Creo que ninguén o dubida. E temos que traballar para que dentro de un ano os veciñas e as veciñas da Mariña lle dean as costas ao Partido Popular porque, se conseguimos iso, haberá alcaldes e alcaldesas socialistas que repiten e outros novos e, polo tanto, iralle mellor á Mariña e ao conxunto da provincia”.
José Tomé reivindicou unha vez máis un Plan Industrial para a comarca da Mariña e para a provincia. “Hoxe sae publicada unha entrevista do Conselleiro de Industria falando dos eucaliptos, como se os coidara el, do Plan de Turismo para A Mariña, como se non o aprobara o Goberno de España, ou de Alcoa, como se non arranxara o problema o Goberno de España. Por que non fala dun Plan Industrial para A Mariña e para a provincia? Onde está a Xunta de Galicia? Que investimentos reais fixo aquí? Iso é o que tiña que dicir na entrevista”.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



