Viveiro, 7 de maio de 2022. O 1º tenente de alcalde de Viveiro, Jesús Fernández Fernández, representou ao Concello na inaguración da exposición titulada “Bravura. Naufragio del Vapor Santa Isabel”, en recordo ao Capitán de Corbeta Luis Cebreiro López, oficial do Vapor Santa Isabel.
A figura e traxectoria de Luis Cebreiro López está especialmente vinculada a Viveiro. Considerado precursor do salvamento no mar, Cebreiro desenvolveu parte da súa carreira militar na Axudantía Militar de Marina de Viveiro, un total de 28 anos, creando aquí en 1942 unha sección dos Flechas Navales.
Os datos máis relevantes da súa biografía constan na placa colocada no Paseo Marítimo que leva o seu nome, facendo especial fincapé na súa labor orientada ao salvamento de vidas humanas no mar. Cebreiro foi un home avanzado ao seu tempo, lembrado por instaurar a primeira lancha de salvamento e pola súa labor social, dignificando as condicións de vida da clase mariñeira, debendo lembrar, polo que atinxe a Viveiro, que Cebreiro foi o mediador na construción de vivendas para mariñeiros na Atalaia, no Chao e en Pénjamo e o promotor da Escola Nacional de Orientación Marítima de Pénjamo, pola que pasaron varias xeracións de rapaces que se dedicaron profesionalmente ao mundo do mar, como patróns ou motoristas.
Luis Cebreiro López estaba en posesión de todas as condecoracións de Salvamento, de bronce, prata e ouro; ademais de ter recibido medallas de salvamento británicas e alemás. Foi considerado, así mesmo, heroe do naufraxio do “Santa Isabel”, en 1921, onde rescatou do mar a máis de 30 persoas, e foi o oficial da Mercante máis condecorado do século XX.
Entre outras autoridades civís e militares, asistiron á inauguración da exposición o Almirante Xefe do Arsenal de Ferrol VA, Ignacio Frutos Ruíz; o director do Museo Naval de Ferrol CN, Rafael María Izquierdo; o alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; María Sampedro, tenente de alcalde de Ribeira; o presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, Francisco Barea Paz; a delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros; o deputado autonómico José Manuel Rey; os historiadores José María Fernández Pazos e José Luis Moar Rivera; o Director do Museo de Ribeira e comisario da exposición, Miguel Vidal Lojo; e María del Carmen Cebreiro Gómez, filla de Luis Cebreiro López.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



