A escala do patrulleiro ten lugar no marco da vixilancia e seguridade marítima que realiza en augas do litoral galego do 9 ao 15 de maio
Burela, 13 de maio de 2022. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, recibiu esta mañá no consistorio ao comandante do patrulleiro `Tabarca´ da Armada Española, Eduardo Mª Delgado Franco. O buque vén de recalar no porto de Burela no marco da patrulla de vixilancia e seguridade marítima que o `Tabarca´ realiza en augas do litoral galego do 9 ao 15 de maio, segundo explicou o Ministerio de Defensa.
O rexedor e o comandante, acompañados pola concelleira de Igualdade e Inmigración, Noelia Mª Ben, fixeron un repaso de todas as intervencións da Armada en Burela, nomeadamente cos barcos boniteiros, “agradecendo moito todo o seu traballo nesta localidade ao longo de tantos anos”, destacou Llano.
Pola súa banda, Delgado Franco fixo entrega ao alcalde dun libro da Armada con fotografías, así como dun cadro coa imaxe do buque e dedicado ao Concello de Burela, en lembranza da escala do patrulleiro “neste porto, tan querido polos buques da Armada, co que compartimos o noso amor polo mar”. A continuación, desprazáronse ata o porto para ver a embarcación e saudar á tripulación.
O `Tabarca´ poderá recibir visitas na tarde de hoxe, en horario de 16 a 19 horas, e mañá sábado de 10 a 13 horas, nos espazos exteriores e cumprindo coas medidas sanitarias en vigor. As persoas interesadas poderán coñecer os equipos e capacidades do buque, así como a súa dotación e a forma de vida a bordo.
“Estimamos moito a súa escala no noso porto pola oportunidade que supón para todos os veciños e veciñas, aos que animamos a visitar e desfrutar dunha oportunidade que non se presenta todos os días”, aseverou o alcalde.
O `Tabarca´ representa o octavo buque dunha serie de dez unidades, denominados Clase `Anaga´, dos cales, na actualidade, permanecen tres en servicio. Está adscrito á Forza de Acción Marítima, concretamente ao Mando das Unidades da Forza de Acción Marítima de Ferrol (Marfer), e ten a súa base na Escola Naval Militar en Marín (Pontevedra). Desde a súa entrega en servicio en 1981.
A misión principal do buque é a de efectuar vixilancia marítima mediante a presencia naval e control dos espazos marítimos de interese nacional como misión específica de ámbito da Armada Española. Tamén colabora de forma habitual no adestramento do alumnado da Escola Naval Militar.
























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



