As actuacións están sendo realizadas polo obradoiro de emprego e inclúe outras melloras en espazos naturais.
Barreiros, 13 de maio de 2022. Barreiros está a piques de finalizar a ampliación da fraga do Santo Estevo do Ermo coa plantación de árbores autóctonas que incrementarán a superficie de bosque no que desfrutar deste espazo natural.
Os traballos atópanse dentro dos planificados desde o Concello para o alumnado do obradoiro de emprego “Serra da Cadeira” que o municipio barreirense mantén cos Concellos de Trabada e Lourenzá e que aspiran a renovar, cun grado superior, no vindeiro ano.
Os traballos consistiron no desbroce manual da parcela e adecuación do terreo. A plantación, que tamén se realizou de forma manual, non garda simetría regular e intercala especies que permiten a rexeneración regular da parcela, que conta con máis de 1.500 ha.
Adecuación de espazos
Ademais destes traballos, o obradoiro tamén levou a cabo outras actuacións en espazos de importancia natural, como o camiño do Cantábrico, a Lagoa de Pallares ou a mellora dos accesos aos Pasos de Moscoso, un recuncho de notable beleza na beira da Ría.
O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, valorou moi positivamente os traballos realizados polo obradoiro de emprego “que xeran unha mellora en espazos do concellos ao tempo que obteñen unha cualificación profesional nun ámbito tan demandado como as actuacións en espazos naturais e forestais”.
A intención dos tres concellos asociados neste obradoiro é poder seguir ofertando esta formación na vindeira convocatoria, para o que xa tramitaron a solicitude ante a consellería correspondente, co obxectivo de obter un novo obradoiro dun grado superior co que poder seguir formando profesionalmente ás persoas desempregadas dos municipios.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



