Concello e Deputación tamén participan no proxecto
Viveiro, 19 de maio de 2022. A alcaldesa de Viveiro, Maria Loureiro, e o 1º tenente de alcaldesa, Jesús Fernández, reuníronse hoxe co secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete. Nesta xuntanza, os representantes municipais conseguiron o compromiso da Xunta de Galicia para colaborar na execución do proxecto elaborado polo Concello de Viveiro para mellorar as instalacións deportivas de Celeiro.
A Xunta de Galicia uniuse ao acordo adoptado entre a Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro para levar a cabo estas actuacións, asumindo cada unha das administracións o 33,3 % do custe destas obras. Na reunión acordouse, asemade, que o Concello de Viveiro será o encargado de licitar o contrato para a súa execución.
O proxecto elaborado polo Concello de Viveiro para levar a cabo estas melloras ten un orzamento de contrata de 120.018,57 euros (IVE incluído). Ademais, a proposta inclúe a dotación de redes, vestiarios, banquillo, así como a reforma da instalación eléctrica desta instalación deportiva.
Dende o Concello de Viveiro valórase moi positivamente este compromiso por parte da Xunta de Galicia, colaborando xunto coa Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro para a execución dunhas obras moi necesarias, considerando que este é o tipo de colaboración que debe existir para asumir os custes de actuacións deste tipo entre todas as administracións.






















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



