O obxectivo é dotar de saneamento as vivendas de Galegos que carecen deste servizo, as situadas ao sur da igrexa, porque as restantes xa se conectaron nunha 1ª fase
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2022. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, trasladoulle ao alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, o compromiso da Xunta de executar a segunda fase das obras para completar o saneamento da parroquia de Galegos, que suporán un investimento autonómico próximo aos 50.000 euros.
Vázquez Mourelle mantivo un encontro de traballo co rexedor lucense para abordar esta actuación hidráulica e concretoulle que Augas de Galicia asumirá a contratación e a execución das obras.
Para iso, o Concello debe remitir a certificación que acredita a conformidade co proxecto, a dispoñibilidade dos terreos e os permisos dependentes doutras administracións, así como o compromiso de recepción da actuación unha vez realizadas as obras.
O obxectivo da intervención é dotar de saneamento as vivendas de Galegos que carecen deste servizo, concretamente as que se atopan ao sur da igrexa, pois as restantes xa se conectaron nunha primeira fase.
As obras, que contarán cun prazo de execución de 4 meses aproximadamente, consistirán na construción dunha rede de colectores que canalizará as augas dos inmobles cara a un punto de vertido onde se situará o conxunto de depuración.
Os colectores discorrerán polas marxes dos camiños e estradas do lugar e, na maior parte dos casos, debido á orografía e á dispersión das vivendas, tamén se desenvolverán por fincas particulares para axustar o trazado.
A recollida comezará nunha arqueta ou pozo onde acometerán os ramais que chegarán ás saídas particulares das casas e discorrerán por tubaxes, que se conectarán ao sistema de depuración composto por un foso e un filtro compacto con unha cámara de decantación secundaria para unha capacidade de 30 habitantes.
A Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e financeiro aos concellos para que poidan exercer de forma eficiente as súas responsabilidades de saneamento, abastecemento e depuración, que son de competencia municipal.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



