Ribadeo, 3 de xuño de 2022. Concello e Acisa asinaron o convenio de colaboración que regula a axuda de 16.000 euros que recibe a asociación ribadense para seguir apoiando ao comercio e ao sector servizos, o consumo en clave local e para levar adiante diversas iniciativas. No acto participaron o alcalde, Fernando Suárez, o concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, e o secretario do Concello, José Rodil.
O edil explicou que “hoxe asinamos entre Acisa e o Concello de Ribadeo o convenio que regula a axuda de 16.000 euros como achega a esta asociación de comerciantes, industriais, servizos e autónomos e que pretende servir para acadar os obxectivos principais que nos marcamos, que veñen sendo a difusión do noso comercio, a acción formativa e de promoción turística e comercial, tamén iniciativas innovadoras e de transformación dixital e accións de apoio continuado ao comercio local”.
Vizoso Galdo subliñou que “coa sinatura deste convenio amosamos unha vez máis o compromiso do Concello coa actividade asociativa e co sector comercial e de servizos da nosa vila precisamente para que Ribadeo siga sendo un lugar de referencia dun comercio próximo e de calidade e un destino turístico principal”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, agradeceu a colaboración do Concello de Ribadeo: “grazas á firma deste convenio, poderemos desenvolver diferentes accións de dinamización comercial e hostaleira e de promoción comercial e turística, tras os dous anos difíciles que deixamos atrás por culpa da pandemia do covid. Concello e Acisa seguimos a traballar xuntos, algo que sen dúbida algunha é bo para Ribadeo e é bo para os nosos socios e socias”.
























A edición incorpora como novidade a primeira inmersión da imaxe da Virxe no porto, prevista para o 11 de xullo. O Día do Carmen, o 16, manterá os actos máis emblemáticos, como a Misa Solemne, a Procesión Mariñeira e a descarga pirotécnica. O programa inclúe verbenas, concertos, actividades infantís, o Día do Bollo e o desfile de Cabezudos. O Concello e SofiTapia animan á participación nunhas festas que volverán converter a vila nun punto de encontro. Os actos no Auditorio Municipal serán de entrada libre ata completar aforo.
Durante a súa estancia na capital, tiveron a oportunidade de coñecer o Senado, onde foron recibidos, entre outros representantes, polo senador lucense José Manuel Balseiro, veciño de San Cibrao e pola deputada no Congreso, Cristina Abades, que traballou durante anos na Casa do Concello. Balseiro deulles a benvida á Cámara e acompañounos nun percorrido polas súas principais dependencias, explicándolles o funcionamento da institución e o labor que desenvolven os senadores. O parlamentario agradeceu á asociación Terra-Mar a organización desta iniciativa, que contribúe a achegar as institucións aos cidadáns e a fortalecer os vínculos entre a Mariña e a representación que exerce a provincia de Lugo no Senado.
Ademais, a medida responde a razóns de seguridade e operatividade, xa que a presenza de público nestas xornadas impide que os camións de recollida poidan acceder e circular con garantías por esta zona. Durante eses cinco días, os contedores permanecerán instalados nos seus emprazamentos habituais para que a veciñanza e os visitantes poidan depositar neles os residuos. Ademais, o servizo de limpeza reforzará as tarefas nos puntos vinculados á celebración do festival. O Concello solicita a colaboración da cidadanía para manter os espazos públicos nas mellores condicións posibles.
"Este éxito é froito do teu esforzo, dedicación e constancia, e é un orgullo para todo o noso concello. Desexámosche moitos máis éxitos deportivos e que sigas representando a Cervo e ao Club Deportivo San Ciprián con tanta ilusión e talento", salientan desde o consistorio.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.



