O líder dos socialistas galegos visita o Concello de Trabada, onde se reuniu cos alcaldes e portavoces socialistas da comarca
Trabada, 08 de xuño de 2022. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, Valentín González Formoso, visitou este mércores o concello lucense de Trabada para manter unha xuntanza cos alcaldes e alcaldesas da comarca da Mariña, así como cos portavoces locais dos partido, e explicar o seu proxecto para recupera o liderar do país, reactivar o tecido industrial e garantir a emprego na zona.
Nun encontro celebrado no Museo Etnográfico Xosé Rocha de Trabada, o número un dos socialistas galegos debullou a súa aposta pola pervivencia dos complexos industrias que considera estratéxicos para a economía de Galicia, como é o caso de Alcoa, cuxa viabilidade pasa, dixo, por asegurar o subministro de enerxía renovable a prezos competitivos.
“Temos unha proposta para desenvolver novos parques eólicos”, sinalou Formoso, “e queremos facelo, ademais, dun xeito ordenado, con control, respectando os dereitos dos propietarios dos terreos e respectando tamén os espazos naturais sensibles e as zonas de aproveitamento agrícola e gandeiro”.
O PSdeG, abondou o secretario xeral, quer sobre todo todo escoitar todos os puntos de vista dos cargos locais e dos veciños, pero deixando claro que “sen o desenvolvemento das enerxías renovables non hai industria, e sen industria dificilmente haberá empregos de calidade que ofrecerlle á mocidade” para que poida cumprir o seu proxecto vital nesta comarca.
Insistiu o dirixente socialista en pedirlle ao goberno galego, en liña coa proposta que lle fixo ao presidente Alfonso Rueda na entrevista que mantiveron o pasado luns, que autorice dunha vez a construción dos novos parques eólicos que son indispensables para blindar o futuro de Alcoa.
“É un traballo que está pendente, e nós propoñemos que estas autorizacións se materialicen antes do 30 de setembro”, subliñou Formos, e que antes de fin de ano se autorice tamén o proxectos para fornecer de enerxía á planta de hidróxeno verde que está chamada a converter Galicia nun referente nesta materia.
Colectivos afectados polos eólicos
Formoso tamén mantivo outro encontro, na escola de Vilapercide, con diversos colectivos afectados polos parques eólicos coa finalidade de explicarlle os detalles do Acordo por unha Enerxía Eólica Sostible que o PSdeG subscribiu recentemente con organizacións sindicais como UXT, Comisión Obreiras, Unión Agrarias, así como con organizacións como a Federación de Asociacións de Mulleres Rurais (Fademur) ou Ventonoso.
“Nos non vimos aquí a explicar o que quer oír, senón a comprometernos co futuro industrial deste país”. “Vimos”, engadiu o secretario xeral do PSdeG, “a encontrarnos coa cidadanía, cara a cara coa xente, para falar de futuro”, de enerxía, de industria e, en definitiva, de oportunidades laborais.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



