Este venres, no salón de actos da Casa da Cultura de Foz, presentouse o libro “Un año contigo”, escrito por Raquel Amieiro e Pepe Peinó, no que se conta a experiencia de combater contra o cancro por parte da primeira, en tempos veciños co confinamento pola pandemia de Covid-19. Representantes da AECC, afectados por esta enfermidade, amigos e veciños reuníronse para escoitar as exposicións dos autores, os consellos da psicóloga Teresa Pérez e as cancións interpretadas por Aida Río coa súa estupenda voz. Nas vindeiras semanas o libro será presentado tamén nos concellos de Valadouro e Mondoñedo.
Presentación do libro “Un año contigo”
Presentación do libro “Un año contigo”
Relacionado
-
Presentada a programación cultural de primavera de Foz, que inclúe música e teatro
-
A Frouxeira foi a pasada fin de semana a novena visita do programa de Xeoturismo da Mancomunidade
-
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu este luns a toma de posesión de Marta Villaverde como nova directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en substitución de Susana Rodríguez que viña desempeñando estas funcións desde o ano 2009